Ames acollerá en xullo o DéporCampus

0

Ames, 24 de xullo do 2020 – O concello de Ames acollerá no mes de xullo o que será a quinta edición do DéporCampus de fútbol.

O DéporCampus de Ames está organizado polo RC Deportivo da Coruña  econta coa colaboración do concello e o Bertamiráns FC. Desenvolverase no campo de fútbol municipal do Milladoiro e está dirixido a nenos e nenas de 6 a 14 anos.

Celebrarase dos días 20 ao 24 do vindeiro mes. As inscrición poden realizarse ata ás 12.00 horas do 16 de xullo. Ofértanse 60 prazas que se cubrirán por orde de inscrición. Trátase dunha experiencia segura xa que se seguirán as instrucións recollidas no protocolo de medidas hixiénico-sanitarias para o correcto desenvolvemento e participación nos DéporCampus que se celebran e Galicia.

Os técnicos do Real Club Deportivo da Coruña conducirán todas as sesións. Cada participantes disporá dun seguro de accidentes deportivos; un equipamento deportivo (novo deseño exclusivo) composto de camiseta, pantalón e medias; almorzo (auga e froita); un diploma; e unha máscara oficial do RC Deportivo. O método empregado fomenta valores como o xogo limpo, o respecto polo rival, o esforzo, a solidariedade e a amizade a través do deporte.

Ames acollerá en xullo o DéporCampusProtocolo de seguridade pola Covid-19

Como principais novidades, aplicarase un protocolo especial fronte á Covid-19. Todos os participantes deberán asinar o documento de participación responsable que debe ser entregado o primeiro día, para poder participar na actividade. Reduciranse os grupos a 15 nenos/as, como máximo, que adestrarán xunto a un monitor. Os integrantes de cada grupo non se van a mesturar con nenos/as doutros grupos e non haberá partidos de fútbol entre nenos/as de diferentes grupos.

A merenda vaise facer de xeito individual e os técnicos van a manter unha distancia de seguridade cos diferentes grupos.

Obxectivos dos DéporCampus

Os obxectivos dos técnicos deportivistas pasan por desenvolver habilidades e conceptos na relación co ou coa opoñente, así como na relación co propio compañeiro ou compañeira. Os e as porteiras adestrarán tamén este tipo de habilidades de xeito especializado. Non se descoidará a educación en hábitos saudables, incidindo na importancia da alimentación dos e das deportistas. Xogaranse partidos, traballaranse situacións básicas de aprendizaxe, rondos básicos e xogos de posición. Ademais, o RC Deportivo quere continuar a labor de transmisión de valores como o respecto, a amizade e a solidariedade, que o propio Bertamiráns FC e outros clubs de base transmiten aos seus xogadores e xogadoras no día a día. Este campus tamén inclúe actividades lúdicas.

O director dos Depor Campus, Pablo Barros, explicou que “este ano o ritmo de inscricións está sendo moi alto, polo que os rapaces e rapazas que queiran participar deben darse présa para non quedar sen praza.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial