A Deputación cofinancia as obras a renovación do campo de fútbol de Bertamiráns

0

Ames, 13 de setembro do 2019 – A Deputación da Coruña e Concello de Ames investirán 357.303 euros nas obras de renovación do campo de fútbol de Bertamiráns, dotándoo dun novo terreo de xogo de céspede artificial de última xeración e dun graderío máis cómodo para os espectadores.

A Deputación financiará o 80% do proxecto de Bertamiráns cunha achega de 285.906 euros, mentres o Concello de Ames aportará o 20% restante. O convenio de colaboración, que vén de ser aprobado na comisión de Deportes, será refrendado definitivamente na sesión plenaria de hoxe venres.

O campo de fútbol acolle actualmente adestramentos e partidos oficiais de varios equipos locais, pero presenta un estado deficiente debido ao desgaste da fibra do terreo de xogo, con máis dunha década de uso.

Con este convenio, a Deputación e o Concello financiarán as obras de retirada do firme actual mediante un sistema sostible TurfMuncher que permita a súa reciclaxe ou reutilización e a instalación dun novo céspede de herba artificial de última xeración, que garante unha excelente función deportiva e técnica e que se instalará sobre unha superficie regular e previamente compactada.

O campo habilitarase para a práctica de fútbol 8 e fútbol 11, segundo os criterios reglamentarios da RFEF, e dotarase de novas porterías, redes e outro equipamento para a práctica do fútbol. Acometerase tamén a renovación do metacrilato dos banquillos, dado o seu mal estado.

As obras inclúen tamén unha mellora na grada existente, onde se instalarán asentos plásticos, de fácil mantemento e limpeza, para facilitar unha maior comodidade dos espectadores que a asisten aos partidos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial