займ срочно

Ames descarta finalmente pechar as rúas Entrerríos e Ameneiral

0

Ames, 25 de setembro do 2020 – Hai uns días comerciantes de Bertamiráns mostrábanse en contra do peche de algunhas rúas enviando un escrito ao concello. Agora o goberno municipal, tras reunirse con eles, cambia de opinión e manterá aberta as rúas Entrerríos e Ameneiral.

A reunión cos comerciantes celebrouse este pasado mércores. Dos 37 negocios convocados por carta o pasado 16 de setembro acudiron 14. En dita xuntanza participaron a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, a concelleira de Mobilidade, Beatriz Martínez, e mailo concelleiro de Administración Xeral, Víctor Fernández

Dende o pasado mes de maio as rúas Entrerríos e Ameneiral, como outras do propio Bertamiráns e do Milladoiro, pechábanse ao tráfico rodado os sábado pola tarde e os domingos todo o día. Os comerciantes aducían no escrito presentado que ” non obteñen beneficio algún de dita iniciativa, polo que solicitan a apertura do tráfico rodado durante as fin de semana en ditas rúas”. Despois de escoitar ao asistentes, o Concello acordou a reapertura ao tráfico rodado nestas rúas, que terá efecto dende este mesmo sábado 26 de setembro. A concelleira de Promoción Económica explica que “en ningún momento vamos a poñer trabas ao comercio. Este Goberno a través do diálogo sempre atende as demandas que se lle plantexan”.

Criticas do Partido Popular

Coincidindo en día con esta reunión o Partido Popular de Ames emitía un comunicado no que se facía eco das queixas de algúns negocios e dos carteis que colocaban nos escaparates. na nota remitida desde os populares dicíase que “Os comercios e o sector da hostalaría está indignado coa pasividade e a falta de resolución do goberno socialista. Tras mostrar o seu cabreo ao alcalde socialista e a concelleira de Promoción Económica e ante a falta de solucións e a desidia, comerciantes e hostaleiros optaron por encher os seus escaparates e taboleiros de menús con carteis de protesta ante a inacción dos responsables políticos”.

O PP amiense cualificaba o peche de algunhas rúas de “incorrecto” e de medidas “propagandísticas”. En todo caso non quedaba claro a que rúas pertencían os carteis nin que número deles estaban colocados.

Ames descarta finalmente pechar as rúas Entrerríos e Ameneiral

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies