Desconfinamento saudable en Ames

0

Ames, 23 de xuño do 2020 – O departamento de Benestar Social do Concello de Ames, a través da Concellería de Sanidade e do programa Ames Saudable, organiza para o próximo mes de xullo as xornadas “Desconfinamento Saudable”.

Ames preparou un conxunto de actividades ao aire libre que se impartirán en grupos reducidos de máximo 15 persoas tanto en Bertamiráns como no Milladoiro. O prazo de inscrición está aberto dende hoxe, luns 22 de xuño, ata o próximo luns 29 de xuño, enviando un correo a promociondasaude@concellodeames.gal ou chamando  ao número 649 45 02 64.

Desconfinamento saudable en AmesAs actividades, destinadas a todos os públicos, están pensadas para traballar a saúde física e emocional tras este período de confinamento. Con elas poderás beneficiarte dos seus efectos revitalizantes, calmantes e liberadores, e busca mellorar a axilidade, equilibrio, potenciar a atención e concentración, reforzar a autoestima, axudar a manter en bo estado as articulacións, e reducir a ansiedade e o estrés.

No Milladoiro, o escenario elixido para levar a cabo o programa é o entorno da piscina municipal. Así, os luns e os mércores desenvolverase ioga e relación en horario de 10.00 a 11.00 horas, os martes e os xoves, está programada a actividade en familia Ben-Estar de 18.00 a 19.00 horas, e xa por último os venres, haberá baile en liña de 10.00 a 11.00 horas.

Na actividade Ben-Estar poderán participar as familias que o desexen, incluso menores de 4 anos en adiante.

Mentres que en Bertamiráns, as actividades levaranse a cabo nos xardíns do Pazo da Peregrina. Os luns e os mércores desenvolverase a actividade en familia Ben-Estar en horario de 18.00 a 19.00 horas, os martes e os xoves haberá ioga e relaxación de 10.00 a 11.00 horas, e os venres, baile en liña, en horario de 11.30 a 12.30 horas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial