Día do Deporte e 3º Carreira e Andaina da Familia en Ames

0

Ames, 18 de setembro do 2019 – Ames ven de presentar unha nova edición do Día do Deporte e a 3º  Carreira e Andaina da Familia, que se levarán a cabo o sábado, 28 de setembro, no Milladoiro.

O Día do Deporte e a Carreira serven para conmemorar conmemoran a Semana Europea do Deporte, que se celebra do 23 ao 29 de setembro. Na presentación estiveron presentes a concelleira de Deportes, Susana Señorís, a concelleira de Benestar Social, Luísa Feijóo, representantes de ASANOG e o técnico de Deportes, Alberto Viaño. Toda a recadación do día irá destinada integramente a ASANOG, a Asociación de Axuda a Nenos/as Oncolóxicos de Galicia.

A área deportiva do Milladoiro acollerá a realización de diferentes actividades de grupo, impartidas por clubs de Ames, como son o baloncesto, fútbol sala, voleibol, tenis, patinaxe, atletismo, xadrez, piragüismo e judo, xunto con outras actividades dirixidas a adolescentes e maiores como son o zumba, step, ioga, spinning, body combat ou pilates.

Ademais, ao igual que o ano pasado, o Concello ofrecerá a posibilidade de probar novas disciplinas como o squash e o golf. Unha extensa oferta deportiva que se ofertará ao longo de toda a xornada, en horario de mañá e tarde. Deste xeito, poderanse practicar diversas actividades deportivas.

Ames día do deportePara a concelleira de Deportes, Susana Señorís, a xornada permitirá “practicar diferentes modalidades coas novidades do golf e o squash nesta edición. Neste sentido, instalaremos unhas pistas inchables de squash para que os nenos e nenas se acheguen a estas disciplinas en horario de mañá e tarde. Asemade, contaremos coa presenza de Eva Rosón, campioa sub-11 de squash e Lucas Rosón, terceiro no ranking nacional”.

Con cada actividade entregarase un tícket para o sorteo de agasallos que se fará ao final da xornada. Tamén haberá inchables, obradoiros, competicións 3×3, carreiras e xogos. Todas as actividades comezarán ás 11:00 horas e prolongaranse ata as 21:00 horas da tarde, cunha pausa para o xantar entre as 14.00 e as 17.00 horas.

III Carreira e Andaina da Familia

Dentro das actividades enmarcadas na celebración do Día do Deporte, desenvolverase a III Carreira e Andaina da Familia, un evento que permite a participación individual ou en familia, sen límite de membros, desde pais a nenos ou avós.

A saída e meta da proba estará situada na rúa do Buxo, no aparcamento da Travesía do Porto a carón do Centro Comercial Novo Milladoiro. A participación está aberta a todo a veciñanza e este ano, para animar a máis familias, tamén se poderá participar dunha andaina con participantes de calquera idade. Os menores de 10 anos deberán ir obrigatoriamente acompañados dun adulto na andaina/carreira.

Ames día do deporteÁs 11:00 horas procederase á entrega de dorsais e bolsa de regalo na carpa da organización para, media hora despois, iniciar a actividade cunha sesión musical que inclúe animación, baile e DJ. ÁS 12:00 horas haberá unha sesión de quecemento grupal antes de dar a saída da proba, cun percorrido de 3 km aproximadamente co obxectivo de que todos os integrantes das familias participantes poidan disputar a proba sen carácter competitivo. Ás 12:45 comezarán unha serie de actividades lúdicas para toda a familia e haberá inchables e xogos para os nenos e nenas. O fin de festa, previsto para as 13:30 horas, contará cun sorteo de agasallos e a entrega de premios. A organización estableceu diferentes premios para a familia máis numerosa, o avó/avoa de máis idade, as/os 3 primeiras/os chegadas/os a meta, a primeira familia monoparental, a primeira familia de 3 integrantes, a primeira familia de 4 integrantes e a primeira familia de 5 integrantes.

Inscricións

As inscricións levaranse a cabo a través da páxina web www.carreirasgalegas.com ata o xoves, 26 de setembro, ás 23:59 horas. O prezo da inscrición será de 6 € por participante adulto. Os escolares menores de 16 anos inscribiranse gratuitamente na plataforma, pero deberán realizar o donativo solidario no momento da recollida do dorsal. Non se establece idade mínima de participación, pero todos os menores de 10 anos deberán ir obrigatoriamente acompañados dun adulto durante a andaina y/ou carreira. A recadación irá destinada integramente a ASANOG. Asemade, establecerase no formulario de inscrición a opción “Dorsal 0” no caso de que se desexe realizar un donativo á Asociación. Tamén o día propio do evento habilitarase unha carpa da Asociación para poder colaborar e doar o que cada persoa ou familia desexe.

Punto biosaludable

Outra das novidades que deixa esta nova edición da Día do Deporte a da III Carreira Andaina da Familia é a colocación dun punto biosaludable, no que se incluirá alimentación saudable para a xente que participe da andaina, vaia correr ou simplemente se queira achegar a ese espazo. Ademais, como manifestou a concelleira de Benestar Social, Luísa Feijóo, aproveitarase a xornada para “facer unhas pequenas recomendacións para coidar o corazón, coincidindo coa celebración, o día 29, do Día Mundial do Corazón. Contaremos tamén con persoal para que nos tome a tensión e nos mire a saturación de osíxeno en sangue. Queremos que Ames sexa tamén referente en saúde, sempre da man do deporte e a nutrición saudable”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial