Ames conmemora o Día mundial contra o cancro de mama co lema “autoExplórate”

0

Ames, 19 de outubro do 2018 – O Concello de Ames, a través da Concellaría de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, colabora coa Asociación Española contra o Cancro (AECC), na conmemoración do Día mundial contra o cancro de mama.

Ames colocou vinilos na entrada da Casa do Concello e nas Oficinas xerais do Milladoiro, coa imaxe da campaña deste ano que ten como lema “autoexplórate”. Asemade, durante este venres, repartiranse lazos na Casa do Concello e tamén se venderán a 3 euros pulseiras da AECC, entre aquelas persoas que desexen colaborar na loita contra o cancro de mama.

Este ano o Concello de Ames con esta campaña aposta pola prevención. É importante previr e facer as probas que se aconsellan para tratar de detectar calquera alteración na saúde. A concelleira de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Luísa Feijóo destaca a importancia da colaboración do Concello nestas iniciativas: “Con estas pequenas accións queremos mostrar o noso apoio incondicional a todas esas mulleres, sen esquecernos tampouco dos homes, que loitaron, loitan ou loitarán con forza e positividade ante esta enfermidade. Temos que ter sempre presente que o cancro non discrimina e pode tocarlle a calquera. Temos que concienciarnos de que a prevención é fundamental e a nosa actitude cara a enfermidade ten moito que ver na súa superación. Sobre todo, é fundamental ter presente que neste proceso non se debe estar só, que hai asociacións como AECC que están a traballar para acompañar, axudar e sensibilizar”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial