Piale, a experiencia educativa de Diego Rojo en Canadá

0

Ames, 18 de xaneiro do 2020 – Diego Rojo é profesor de educación física no IES de Ames e ven de estar un mes en Canadá grazas ao programa de aprendizaxe para educadores Piale.

Os itinerarios Piale están destinados a mellorar a competencia lingüística dos formadores con estancias en outros países. Viven en casa de familias e acoden a un centro no que  teñen a posibilidade de asistir as distintas clases e coñecer outros sistemas educativos.

Aproveitamos a súa experiencia para comparar, coa debida relatividade, ambos os dous sistemas educativos.

Unha formación práctica

Diego cóntanos que se trata dun sistema educativo moi centrado nos informes pisa e cunha parte moi práctica que sustitue, en certo modo, a Formación Profesional

A vantaxe é a gran cantidade de opcións con que conta os alumnos para desenvolver esa faceta máis práctica

Esas opcións están apoiadas co material necesario, algo que aquí non sempre sucede. Rojo considera, en calquera caso, que non é mellor nin peor, só distinto

A figura do mestre

Desde hai tempo a relación entre mestres, alumnos, e pais é motivo de debate. Diego explícanos que a relación entre mestre e alumno é igual de directa que aquí pero existe un maior respecto pola figura do profesor

Ao mesmo tempo a figura do mestre na sociedade está mellor valorada, e mellor remunerada, aínda que tamén é certo que a cualificación profesional é máis importante que, por exemplo, a antigüidade

O mestre é alguén que opta por dar clase. Despois de acadar unha carreira un curso de especialización o habilita para impartir clase.

O resultado de este sistema é que un mestre ten que optar por especializarse para dar clase, algo que non será suficiente xa que o equipo directivo da escola terá que valorar a súa cualificación; algo ben distinto a aprobar unha oposición.

Unha experiencia positiva

Diego Rojo considera a experiencia moi positiva. A finalidade, mellorar as competencias lingüísticas, a acadou xa que aumentou o seu nivel acreditado de inglés. Ao mesmo tempo coñecer outros sistemas axuda a ter outra visión do que sucede aquí na educación, e mesmo na sociedade.

No seguinte enlace tedes a convocatoria 2019, publicada no mes de maio, por si queredes apuntarvos de cara a este ano https://www.edu.xunta.es/piale/

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial