Ames dota de saneamento e mellora o alumeado de Sura, na Ameixenda

0

Ames, 5 de febreiro do 2019 –  O Concello de Ames vén de executar dous proxectos no lugar de Sura, pertencente á parroquia da Ameixenda, para dotar de rede de saneamento e mellorar o alumeado público.

Os traballos no alumeado de Sura consistiron na substitución de 16 puntos de luz, de vapor mercurio de 80 vatios por luminarias LED de 30 vatios. Esta actuación, xunto coa de saneamento,  tivo un investimento de preto de 23.000 euros. Os proxectos foron executado con fondos propios municipais e dentro das partidas destinadas a saneamento e abastecemento. 

A semana pasada o alcalde de Ames, Jose Miñones, o concelleiro de Urbanismo, Obras Públicas e Servizos Básicos, Blas García, e maila concelleira de Participación e Atención Veciña, Isabel González, estiveron no lugar de Sura, para ver as obras de saneamento que se realizaron e no que se vai a poder conectar a totalidade da cidadanía do lugar; e, tamén comprobaron a nova iluminación co cambio das farolas led que se colocaron. O concelleiro de Urbanismo, Obras Públicas e Servizos Básicos, Blas García, indica que “coa execución deste proxecto mellórase a calidade de vida dos veciños e veciñas desta aldea, así como as condicións sanitaria e medioambientais , ao permitir que as augas residuais sexan canalizadas á fosa correspondente, mellorando a depuración das mesmas”.

As obras

As obras consistiron na execución dun colector de saneamento que desemboca na fosa séptica de nova implantación. Asemade, realizouse a canalización cos correspondestes pozos e procedeuse ao traslado dun muro para facilitar o acceso á fosa e así realizar axeitadamente as labores de mantemento.

Con esta obra evítase que a auga residual procedente das vivendas da aldea acabasen nas fosas sépticas privadas e nalgúns casos, ao non ser tratadas correctamente, se vertesen directamente ao medio en malas condicións.

Asemade executouse unha mellora do alumeado público, que consistiu na substitución de puntos de luz  de vapor mercurio de 80 vatios por luminarias LED de 30 vatios. A través de dita actuación, que tivo un custo aproximado de 1.600 euros, realizouse o cambio de luminarias 16 farolas. Estes proxectos foron executado con fondos propios municipais e dentro das partidas destinadas a saneamento e abastecemento.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial