O espectáculo Dous no Camiño este xoves en Ames

0

Ames, 12 de setembro do 2017 –  O concello de Ames acolle esta semana unha das funcións do espectáculo Dous no Camiño que se enmarca dentro do programa Vive o Camiño! da Xunta de Galicia.

Desde o pasado 23 de agosto e ata o 1 de outubro, 27 concellos galegos do Camiño Inglés e do Camiño de Fisterra-Muxía acollen unha programación especial do Xacobeo baixo o nome de Vive o Camiño!. Ames é un dos municipios polos que pasa a ruta a Fisterra-Muxía, polo que acollerá unha das funcións de Dous no Camiño. A cita será o día 14 as 20 horas na praza da Maía en Bertamiráns.

Dous no Camiño esta dirixido por Avelino González, con texto de Roi Vidal e Xurxo Barcala, e cos cómicos Fran Rei e Isabel Risco á fronte de esta montaxe creada especificamente para a programación do Xacobeo. O director, Avelino González, ten longa experiencia tanto nas artes escénicas como no cine e na televisión, actuando ou dirixindo. Conseguiu un prestixioso premio Max polo texto de Bicos con lingua e unha candidatura aos María Casares pola montaxe.

Fran Rei e Isabel Risco pola súa banda son moi coñecidos por producións teatrais como Falar sen cancelas ou Retrincos de Castelao. Fran Rei é ademias un recoñecido contacontos e forma parte da compañía Os Sete Magníficos Máis Un. Isabel Risco é tamén monologuista, co espectáculo Nabiza girl, presentadora, e habitual en programas da TVG como Luar, Land Rober, ou Air Galicia… Ademais de grandes clowns e formadores. Conectan co público coma ninguén e espallan risos alá onde van. Nesta montaxe amósannos a dous peregrinos que se atopan no Camiño.

Dous no Camiño son Atanasio e Teodoro, dous discípulos de Santiago Apóstolo que levaran os seus restos a Compostela, e despois dunha viaxe no tempo de moitos séculos andan algo perdidos, por un lado sorprendidos con todas as modernidades que van atopando, pero por outra banda descubrindo que o esencial do Camiño, a natureza, as paisaxes incribles, e algúns monumentos, non cambiaron desde aquela. Na procura da ruta, interactuarán co público que vaian atopando no seu percorrido.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies