займ срочно

Ames e a Federación Autismo Galicia colocan máis de 500 pictogramas en dependencias municipais

0

Ames, 20 de maio do 2017 – Esta semana o persoal da Federación Autismo Galicia, en colaboración co Concello de Ames, estivo colocando uns 521 pictogramas en varios edificios e dependencias municipais de Bertamiráns e do Milladoiro.

Con esta iniciativa búscase axudar a superar as barreiras cognitivas que afrontan persoas con dificultades cognitivas, como aquelas diagnosticadas cun Trastorno de Espectro de Autismo (TEA), ou, por exemplo, estranxeiras que non lean con fluidez os idiomas galego ou castelán.

A concelleira de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Luísa Feijóo, explica que “cando se fala de accesibilidade o primeiro no que pensamos é en temas estruturais e arquitectónicos, accesibilidade física, pero este é só un aspecto dun concepto global e universal que está conformado polas características físicas pero tamén polas sensoriais e cognitivas. Para poder falar dunha sociedade plenamente accesible temos que prestar atención a estes tres aspectos co obxectivo de desenvolvelos e conseguir unha inclusión plena”.

As persoas con Trastornos do Espectro do Autismo (TEA) son pensadores visuais, polo que comprenden mellor a información que se presenta de forma visual. Por iso, para facer a súa contorna máis accesible utilízanse os pictogramas, que son debuxos sinxelos que representan obxectos e accións de maneira simplificada. Ademais, esta anticipación con imaxes favorece a comprensión tamén de persoas con dificultades cognitivas como persoas maiores, estranxeiros e a calquera persoa que poida ter dificultades de comunicación.

Mellora en materia de accesibilidade

Luísa Feijóo sinala que “instalando estes pictogramas grazas á colaboración da Federación Autismo Galicia nas instalacións municipais damos un paso cara adiante en materia de accesibilidade, reducindo a incerteza e ansiedade de un colectivo que se sinte na maioría das veces perdido e excluído. Deste xeito, a comprensión do entorno vólvese estruturado eliminando factores de estrés. O obxectivo final é beneficiar non só a persoas con TEA, senón tamén a persoas maiores, estranxeiras ou poboación que poida ter problemas de comunicación favorecendo a creación dun entorno comprensible que fomente a participación e a autonomía das persoas”.

Cristina Couto, responsable da área de programas, e dúas técnicas da Federación Autismo Galicia foron as encargadas da colocación destes pictogramas que remata este venres, contando en todo momento co apoio e a implicación do Concello de Ames. Os pictogramas foron colocados na Casa do Concello; Casa da Cultura; departamento de Servizos Sociais; biblioteca municipal; piscina municipal A Telleira, pavillón polideportivo (Bertamiráns), así como nas Oficinas Xerais; no departamento de Servizos Sociais; Casa da Cultura; pavillón polideportivo e biblioteca municipal (Milladoiro).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies