займ срочно

Ames e Médicos do Mundo organizan unha charla sobre a nova Lei sanitaria

0

Ames, 5 de marzo do 2019 – Este mércores, 6 de marzo, ás 20.00 horas, a Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá unha conferencia sobre a nova Lei sanitaria, na que se abordarán os dereitos humanos e os dereitos á saúde.

A charla sobre a Lei sanitaria enmárcase dentro do convenio de colaboración que ten asinado o Concello de Ames coa organización Médicos do mundo, que organiza anualmente un programa de formación e prevención da saúde. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo.

A organización non gobernamental, Médicos del Mundo, atende pacientes aos que se lles nega o acceso á sanidade pública e denuncia estes casos. No informe que a organización anualmente presenta para dar a coñecer a vulneración á que está sometido este segmento de poboación, aparecen moitos casos da contorna de Santiago de Compostela á que pertence o Concello de Ames.

A xornada está financiada polo Ministerio de Traballo, Migraciones y Seguridad Social e pola Unión Europea a través do Fondo de Asilo, Migración e Integración. A actividade chega a Ames da man da organización Médicos del Mundo e impartirase coa colaboración do Concello.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies