Ames e Santiago presentan unha nova edición do Vives Emprega

0

Bisbarra, 7 de febreiro do 2019 –  Os concellos de Ames e Santiago presentaron en Compostela unha nova edición do programa Vives Emprega que busca a inclusión socio laboral de persoas nunha situación de difcultade.

A presentación de Vives Emprega asistiron a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade de Ames, Luísa Feijóo, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros cívicos de Santiago, Concepción Fernández, e a responsable de oficinas de Acción Social contra el Hambre en Galicia, Asturias, Castela-A Mancha e Madrid, Laia García.

O programa está promovido por Acción contra a fame, financiado polo Fondo Social Europeo e pola Fundación La Caixa e conta coa colaboración dos Concellos de Ames e Santiago. Mediante esta iniciativa, buscase promover a adquisición de habilidades sociais e competencias básicas para o acceso ao mercado laboral. Os usuarios realizan unha serie de talleres e actividades destinadas a fomentar o desenvolvemento persoal mediante o fortalecemento do seu descubrimento, a autoestima e a automotivación. Asemade, ao longo do próximo semestre, buscarase aumentar o nivel de empregabilidade destas persoas partindo das súas capacidades, tanto actuais como potenciais, ao tempo que se definen os obxectivos persoais e profesionais de cada un dos participantes para, posteriormente, mobilizalos para conseguilos.

Dende a organización, mobilizaranse os recursos e ferramentas dispoñibles no entorno para favorecer a igualdade de oportunidades dos colectivos en situación de risco social. Así, está especialmente dirixido a persoas paradas de larga duración, inmigrantes, vítimas de violencia, exadictos, persoas en risco de exclusión social, menores de 25 anos que queiran acceder ao seu primeiro emprego ou maiores de 45 anos.

O programa apoiase tanto en sesións grupais como en sesións individuais e personalizadas, así como contactos directos con empresas e a participación en eventos de emprego e talleres con responsables de recursos humanos de empresas colaboradoras, que axudan a incrementar as posibilidades laborais de inserción das persoas participantes.

Con respecto a esta nova edición, a concelleira amesá de Servizos Sociais, Luísa Feijóo, animou aos participantes a que “aproveiten a oportunidade que se lles ofrece. Oxalá que todos e todas poidades atopar ese emprego que buscades, posto que estes coñecementos, ademais de quedar sempre aí, vanvos axudar nun futuro a esa mellora da vosa empregabilidade”. Durante a presentación, a edil tamén quixo destacar que “este proxecto, ademais de innovador, é moi importante tanto polo obxectivo, que é mellorar a empregabilidade de colectivos con dificultades especiais para acceder ao emprego, como polo seu destino, posto que permite que estas persoas poidan seguir medrando e acadar esa autonomía que todos queremos”.

Pola súa banda, a concelleira Concepción Fernández, tamén quixo salientar a importancia da iniciativa, “como exemplo de coordinación e colaboración entre institucións, entidades e persoas, cun proxecto no que traballan todas por un obxectivo”. Ao mesmo tempo, quixo desexar aos asistentes “un curso cheo de aprendizaxe, experiencias e vivencias persoais que vos sirvan para tomar impulso e conseguir os vosos obxectivos”, e destacou a “necesidade da sociedade de contar con cidadáns formados e conscientes que nos enriquezan como comunidade”.

Laia García quixo mostrar o seu agradecemento a todos os colaboradores do programa e darlle a benvida aos participantes, adiantando que ao longo do curso “vamos a retarvos constantemente, porque o noso máximo obxectivo é sacar o mellor que tedes de vós mesmos e sacar a vosa forza, baseando a nosa metodoloxía no que buscan as empresas na actualidade”.

Durante a presentación, varios participantes de anteriores edicións falaron sobre o que supuxo para eles o seu paso por este programa.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial