Ames e Teo asinan a xestión conxunta da depuradora de Calo

0

Bisbarra, 24 de setembro do 2018 – A pasada semana os alcaldes de Ames, José Miñones, e de Teo, Rafael Sisto, asinaron o convenio de colaboración para regular a porcentaxe de participación de cada concello nos custes de xestión da depuradora Calo Milladoiro.

En xullo de 1998 realizouse o proxecto básico da obra de saneamento por parte da Xunta de Galicia. Para o cálculo do dimensionamento da depuradora de Calo MIlladoiro no anteproxecto estimouse a poboación futura, na área de influencia da estación, no ano 2023.Tendo en conta a realidade actual considérase máis conveniente utilizar o criterio de vivendas conectadas para o reparto dos custes. Cada concello confeccionará anualmente unha listaxe de vivendas con indicación do enderezo de cada vivenda conectada e titular do servizo.

Asemade, co obxecto de dispor dun estudo de custos, por acordo entre as Alcaldías dos dous concellos, a principios de 2014 solicitouse a Augas de Galicia que realizase un estudo técnico de custes da EDAR. Este estudo establece un custo de xestión total de 149.869,85 euros/ ano. Neste montante incluíase o custo variable da electricidade, nese ano estimada en 41.437,36 euros, polo que o custe de xestión, excluída electricidade, é de 108.432,49 euros/ano (sen IVE).

Control da xestión e mantemento da instalación

En base ao convenio, que vén de asinarse por parte dos alcaldes de Ames e Teo corresponderalle ao Concello de Teo a administración, control da xestión e mantemento da instalación da EDAR Calo-Milladoiro. Para os custos anteriores ao 2019 aplicarase o criterio do número de habitantes debendo o Concello de Ames aboar ao Concello de Teo un total de 295.815,43 euros correspondente ás anualidades que van de 2013 a 2017. A anualidade de 2018 aínda está pendente de liquidación. As anualidades de 2013 e 2014 terán que aboalas antes do 31 de decembro de 2018; ás de 2015, 2016 e 2017, antes do 31 de decembro de 2019; e a de 2018, antes do 31 de decembro de 2020.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial