Ames e Teo avanzan coa Xunta na proposta da liña circular Ames-Teo-Santiago 

0

Bisbarra, 21 de novembro do 2018 –  O concelleiro de Urbanismo, Obras Públicas e Servizos Básicos, Blas García, e maila concelleira de Mobilidade de Teo, Conchi García, participaron nunha reunión en Santiago co Subdirector Xeral de Planificación, Héctor Presas para avanzar na proposta dunha liña circular que una Teo e Ames con Santiago.

Dende a Xunta de Galicia declararon a súa intención de incluír esta liña circular no proceso de licitación  das novas liñas de transporte encadradas no mapa concesional do Transporte Metropolitano Galego, previsto para o primeiro trimestre do 2019.

Un deseño anticuado

O actual deseño de liñas de autobús realizouse cunhas necesidades moi distintas as actuais. Os contratos coas concesionarios impediron ata o de agora cambios en esas liñas xa establecidas, algo que pode cambiar co novo Plan de Transporte no que está a traballar a Xunta de Galicia.

O actual servizo, que é prestado por varios operadores diferentes, ten orixe no concello de Santiago e percorre o leste do concello de Ames e o oeste do concello de Teo. Os operadores que prestan o servizo na zona son: Hedegasa (operador principal), Monbus, Hermanos Ferrín e Arriva Noroeste. Ademais, algúns destes servizos están concibidos como longa distancia, xa que comunican localidades como Ribeira, Vigo, Pontevedra ou Boiro co concello de Santiago e que, ao seu paso polos concellos de Ames e Teo, complementan o servizo disposto para estes.

O novo proxecto propón a creación dunha liña circular xurdida do actual servizo que nace na rúa da Rosa, en Santiago, e que despois de pasar polo Milladoiro percorre a parroquia de Calo e finaliza o seu servizo en Luou. A nova liña de trazado circular proseguirá por Cacheiras e Os Tilos dirixíndose novamente a Santiago.

Incremento de 9.000 usuarios/as potenciais

Co novo trazado comunicarase, polo tanto, a unha poboación de a redor de 30.000 veciños dos concellos de Ames e Teo, tanto entre si como co centro do concello de Santiago, o que incrementará significativamente o número total de potenciais usuarios, ao crecer en 9.000 o número de veciños beneficiados pola prolongación da liña.

No tocante aos horarios, a nova proposta mantén os actuais para os días laborais. Non obstante, a reformulación do servizo incrementa, durante as fin de semana, un par de servizos de ida e volta pola mañá, franxa horaria que actualmente non conta con oferta. Ademais, este servizo de disposición circular contará con dous sentidos de circulación, un con saída no sentido Intermodal – Teo – Ames – Intermodal e outro no sentido Intermodal- Ames – Teo – Intermodal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial