Encontro Intercultural en Ames

0

Ames, 15 de xuño do 2018 –  Este sábado, 16 de xuño, a partir das 17:00 horas, o Pazo da Peregrina volverá acoller unha nova edición do Encontro Intercultural organizado pola Concellaría de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.

O obxectivo principal da actividade é promover a interculturalidade entre a veciñanza mediante o intercambio de saberes, favorecendo a creación de lazos e dando a coñecer diferentes culturas a través da gastronomía de cada país. No Encnotro Intercultural haberá unha degustación de pratos tradicionais elaborados por familias migrantes afincadas en Ames; a actuación do grupo Ascuas; a realización de diferentes obradoiros dirixidos a crianzas e maiores; e a inauguración, cunha visita guiada da man do propio autor, Felipe Carnotto, da exposición fotográfica “No colo da esperanza”. No Encontro deste 2018 participarán persoas de 18 nacionalidades diferentes, con receitas propias dos seus países de orixe: Cuba, República Dominicana, Brasil, Venezuela, Panamá, Nixeria, Timor Oriental, Guatemala, Italia, Marrocos, Portugal, Angola, Colombia, Holanda, Paraguay, Bosnia-Herzegovina, Perú e a propia Galicia. Algunhas destas persoas serán as encargadas de impartir os diferentes obradoiros que se desenvolverán ao longo da tarde e que abordarán os modos de creación de barriletes (cometas típicas de Guatemala), turbantes, trenciñas africanas e a decoración de chanclas.

A iniciativa, que está comprendida na Estratexia de Inclusión Social de Galicia (2014-2020) e está confinanciada pola Unión Europea a través do Programa Operativo FSE Galicia.

Exposición fotográfica “No colo da esperanza”

O Encontro Intercultural tamén incluirá a inauguración da exposición fotográfica “No colo da esperanza”, centrada nas persoas refuxiadas e ofertada ao Concello polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do que Ames é socio. Esta exposición ten como obxectivo concienciar sobre a difícil situación das persoas refuxiadas. A mostra componse dunha ducia de fotografías en branco e negro tomadas no ano 2015 na coñecida como “ruta dos Balcáns”, a través da que milleiros de persoas foxen da guerra en Siria á procura de refuxio en Europa. As imaxes están protagonizadas principalmente por nenos e nenas que foxen da guerra en Siria coas súas familias, na procura dun futuro próspero en Europa. A forza das imaxes pretende poñer o foco nas inxustizas responsables da crise migratoria e humanitaria pola que miles de refuxiados se ven obrigados a abandonar os seus fogares e camiñar durante horas, cruzando países como Turquía, Macedonia ou Serbia na procura de refuxio, coa esperanza de vivir en paz. O autor da mostra, o fotoxornalista Felipe Carnotto, ofrecerá ese día unha visita guiada á exposición.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial