Filomena Fraga recibe a Medalla do concello de Ames

0

Ames, 23 de xullo do 2019 – Dentro dos actos do Día de Galicia, Ames vivirá un momento moi especial esta tarde, no Pazo da Peregrina, coa entrega da Medalla do Concello a Filomena Fraga.

Este acto institucional terá lugar a partir da oito de esta tarde. Filomena Fraga terá unha recepción oficial na que participarán, e intervirán, todos os grupos municipais. O acto, aberto ao público, contará coa música de Pilo Sierra e María José Pámpano e o seu proxecto Satélite Salitre, e se lerán varios poemas por parte da veciñanza.

Filomena FragaFilomena foi homenaxeada polo Concello de Ames o pasado ano, na conmemoración do Día Internacional das Mulleres, por ser exemplo vivo a seguir e un referente na loita pola igualdade. Poeta e veciña de Agrón, é autora da obra A Cancela, publicada por vez primeira en 1995 e reeditada polo Concello en 2006.

Podedes saber algo máis dela no artigo que publicamos, no xornal en papel, no mes de xullo do 2014, hai agora 5 anos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial