Ames repartirá 4.050 euros no Entroido 2018

0

Ames, 21 de xaneiro do 2018 – O luns, 12 de febreiro, o Concello de Ames celebra a sétima edición da Festa de Entroido. Este ano esta celebración realizarase, a partir das 17:00 horas, na Travesía do Porto (no aparcadoiro en fronte da Escola Infantil), no Milladoiro. O prazo de inscrición para o concurso de disfraces poderanse realizar ata as 11:00 horas do mesmo día.

Ames – Milladoiro Entroido 2017

Ames repartirá no concurso de disfraces de Entroido 3.800 euros, que estarán repartidos nas categorías: infantil (ata doce anos), adultos, grupos (de 3 a 9 persoas) e comparsas (máis de 10 persoas). Haberá tamén unha novidade con respecto aos premios doutros anos xa que daranse dous premios especiais de 125 euros aos mellores disfraces realizados con material de reciclaxe.

A festa contará coa participación  do Festicultores Troup, a Charanga NBA e A Fanfarría Taquikardia.

As inscricións para participar no concurso de disfraces realizaranse de xeito presencial na Casa da Cultura do Milladoiro, de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas, chamando ao número de teléfono 981 535 940 ou enviando un correo ao enderezo cultura@concellodeames.gal. A data límite das inscricións é o propio luns 12 de febreiro, día do concurso, ás 11:00 horas.

Os datos que hai que achegar son o título do disfrace, o nome e apelidos da/s persoa/s representante/s, o DNI, un teléfono de contacto, a categoría na que se participa e o número de compoñentes. As fichas de inscrición deberán estar asinadas polas persoas representantes. Os menores de idade deberán ser inscritos polo seu responsable legal. No caso dos grupos, a inscrición deberá ser asinada por dúas persoas maiores de idade; catro no caso das comparsas, sempre que non pertenzan a asociacións legalmente constituídas. Os representantes deberán estar apoiados polos demais membros concursantes e autorizados para recoller o premio.

O xurado, que estará composto por tres membros designados polo departamento de Educación e Cultura, valorará os disfraces conforme á creatividade, caracterización e orixinalidade. Esta valoración realizarase durante o desfile. A súa decisión será inapelable. Os/as participantes deberán presentarse na carpa instalada polo Concello na Travesía do Porto debidamente ataviados entre as 17:00 e as 18:00 horas. O desfile comezará arredor das 18:00 horas e seguirá o percorrido e o ritmo que marque a charanga.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial