“Danzamos No Verán!!!”chega a Ames

0

Ames, 13 de xullo do 2020 – O espectáculo musical infantil “Danzamos No Verán!!!” chega o próximo xoves, 16 de xullo, a Praza de Manuel Murguía do Milladoiro, en Ames.

A Banda do Verán presentará este espectáculo que conta con música en directo, danza e elementos teatrais e de clown. O acto de Ames forma parte da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña, e ten un aforo limitado de 100 persoas.

“Danzamos No Verán!!!” é un espectáculo que se caracteriza por facilitar a participación activa e constante do público asistente, e por contar cunha banda de gran experiencia en proxectos infantís e xuvenís. Unha viaxe musical dende que soa o derradeiro timbre do colexio en xuño ata o primeiro de setembro.

 “Danzamos No Verán!!!”chega a AmesOs artistas do espectáculo son Xoán Curiel na voz, guitarra e ukelele, Jara Ortiz con outra voz, Carlos Freire á batería, Antón Fernández (Torroncho) co baixo eléctrico, Alex Salgueiro en teclados e programación e Pía Nicoletti como bailarina. 

O espectáculo nace dun disco-libro editado pola editorial Galaxia, Estamos No Verán!!!, que nos narra as aventuras duns rapaces na época estival, que atopan unha creativa maneira de pasar o tempo formando un grupo musical. As músicas son de Xoán Curiel e os textos de Charo Pita.

Despois de ser premiados nos pasados Premios Martín Codax (2019), A Banda do Verán e tamén recoñecida neste ano 2020 co Premio Frei Martín Sarmiento que fallan os propios escolares. Ademais, “Estamos no verán!!!” foi nomeado no ano 2013 a Mellor Álbum en Lingua Galega nos Premios da Música Independente.  

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial