займ срочно

Ames mellora a depuradora de Sisalde

0

Ames, 17 de xuño do 2020 – A concesionaria do Ciclo Integral da Auga do concello de Ames, Espina y Delfín, acometen melloras na depuradora de Sisalde como parte dos acordos recollidos no contrato de adxudicación.

A actuación proxectada en Sisalde ten a finalidade de mellorar o sistema de depuración da EDAR, que terá como consecuencia facilitar o seu sistema de explotación, mellorando a calidade da auga que é devolta ao río. Tamén se mellorará o sistema de eliminación de sólidos no pretratamento.

Unha instalación ao límite

A EDAR de Sisalde depura as augas residuais do núcleo urbano de Bertamiráns e de parroquias limítrofes, así como as dunha zona do concello veciño de Brión. Dita depuradora, que está situada ao carón do río Sar, na parroquia de Ortoño, comezou a funcionar o 15 de marzo de 2001 e foi deseñada para atender a unha poboación de 13.000 habitantes. Na actualidade, en dita EDAR, estase a depurar a maior cantidade de auga residual que hidraulicamente permite a instalación, aínda á conta de sobrecargar a mesma, coa finalidade de dar cumprimento das directrices establecidas na normativa vixente.

Ames mellora a depuradora de SisaldePara tratar de mellorar o tratamento de augas residuais, a empresa concesionaria do Ciclo Integral da Auga do Concello de Ames, Espina y Delfín, está executando un pozo de grosos, por valor de preto de 400.000 euros, con cargo aos investimentos correctivos recollidos en dito contrato. Este pozo de grosos estase construíndo á entrada da auga á EDAR, xa que as augas residuais que chegan á mesma procedentes dos colectores da rede de saneamento, arrastran todo tipo de materiais sólidos (plásticos, trapos, madeiras, areas, etc.). Se os sólidos non son eliminados, poden producir serias avarías nas bombas de alimentación da estación depuradora e nos outros equipos, así como erosionar as tubaxes.

Desgaste prematuro

Este problemas parten da entrada da auga a estación depuradora que conta tan só cunha hai unha reixa automática de grosos. Isto provoca problemas na calidade da explotación e un desgaste prematuro da instalación xa que en dita reixa acumúlanse areas que fan que estea permanentemente fora de servizo. A única forma de protexer as instalación de dita planta é coa construción do pozo de grosos, os sólidos acumulados no pozo deberán ser extraídos de maneira periódica, cunha culler bivalva. Os sólidos separados almacenaranse en contedores para a súa recollida por xestor autorizado para dito residuo.

Deste xeito, o exceso de caudal de auga que non entraba na depuradora e pasaba directamente ao río Sar, agora vai pasar por unha reixa lateral do pozo de grosos, que vai impedir que os sólidos saían fóra ao río. O exceso de caudal que non pode ser tratado, non levará plásticos, toalliñas e outros materiais que acababan no río. Este pozo de grosos queda executado de forma que xa serva para futuras ampliacións de dita planta.

Compromisos da Xunta

O alcalde de Ames, Jose Miñones, explicou que “temos que buscar solucións para mellorar o rendemento desta depuradora de Sisalde. Non podemos seguir esperando a que a Xunta execute os compromisos adquiridos co Concello de Ames neste senso. En 2012 o anterior conselleiro anuncio a ampliación desta planta. Hai 3 anos Augas de Galicia volveu a comprometer dita ampliación. O ano pasado dende Augas de Galicia dixéronnos que ían a redactar o proxecto. A realidade é que actualmente non temos dito proxecto. Por iso nós temos que actuar, na medida do posible, para contaminar menos o río Sar”.

Miñones engadiu “o que quero trasladarlle á Xunta de Galicia é que cumpra o compromiso adquirido coa ampliación desta EDAR, que é mais que necesaria, xa que o caudal que chega a esta depuradora é moito máis do que pode asumir. Non vai servir de moito que se faga un grande investimento cunha nova depuradora en Santiago de Compostela, se despois poucos quilómetros máis abaixo o río Sar segue contaminado porque non se amplía a depuradora de Sisalde. É moi necesario ampliar esta EDAR. Por iso solicitamos novamente que se execute ese proxecto, que estaba comprometido o ano pasado, e que segue sen executarse”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies