300 cabazas no Milladoiro

0

Ames, 31 de outubro do 2019 – Con motivo da celebración do Samaín a Casa da Cultura e Biblioteca do Milladoiro acollen unha exposición de 300 cabazas decoradas polos alumn@s do CEP de Ventín, coa colaboración da ANPA do mesmo centro.

cabazas amesEntre as cabazas expostas poderemos ver a carruaxe da Cincenta, ao famoso personaxe de Maléfica, mouchos, fantasmas, momias… e incluso peregrinos. Sen dúbida, a imaxinación dos nenos non ten límite, e así aparece reflectido neste gran traballo no que cooperan tanto pais como fillos.

cabazas amesCon este tipo de actividades incentívase a celebración do Samaín, unha festividade típica de Galicia que, ademais de estar baseada na tradición do Día dos Defuntos, marcaba o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno para os celtas.

cabazas ames

cabazas ames

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial