займ срочно

 “Sexual Revolution 2.2” en Ames ata finais de mes

0

Ames, 8 de xaneiro do 2019 – A exposición de fotografía Sexual Revolution 2.2, de Juan Señarís, estará no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, en Ames, ata o próximo día 31.

Organizada pola Concellaría de Cultura, Sexual Revolution 2.2 foi inaugurada o pasado 21 de novembro. Trátase dunha exposición fotográfica que esconde o seu contido en diversos paralelismos co seu nome. Primeiramente, porque se trata dunha exposición de fotografías dos órganos sexuais de flores e plantas silvestres. Outro de eses paralelismo atópase nas siglas do nome da exposición que coinciden coas dos apelidos do propio autor da exposición: Juan Señorís Rodríguez. Por último o 2.2 que ten que ver co número de fotografías: 22.

Exposición Sexual revolution 2.2A mostra xurdiu polo interese do autor en que a maioría das plantas silvestres son comestibles. “Comecei a facerlle fotos para identificalas e así saber se eran comestibles ou non e algunhas saíron de moi boa calidade” relata Juan Señorís. Engade que “moitos amigos, sobre todo aqueles que traballan con plantas, animáronme a publicalas, e de aí naceu a exposición”.

As fotografías estarán dispoñibles no Pazo da Peregrina de Bertamiráns para todo aquel que se encontre interesado nelas ata o 31 de xaneiro. Ademais, estarán acompañadas de diversos poemas de famosos artistas sobre a natureza e as súas peculiaridades, que se encontrarán a disposición de todos os asistentes para que os acompañen durante toda a exposición.

Exposición Sexual revolution 2.2

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies