Ames destina 102.000 euros en axudas para familias numerosas

0

Ames, 31 de Nadal do 2017 – A Xunta de Goberno Local de Ames vén de aprobar o reparto de axudas para as familias numerosas do concello. En esta quenda repartíronse 102.000 euros entre 85 familias (37 aprobadas pola UTS de Bertamiráns e 48 aprobadas pola UTS do Milladoiro).

As axudas as familias numerosas consisten nun pagamento único de 1.200 euros por unidade de convivencia A estas axudas puideron optar as que teñen a súa residencia habitual no Concello de Ames, de maneira ininterrompida desde hai polo menos un ano.

O obxectivo destas axudas é proporcionarlles apoio económico a aquelas familias cualificadas como numerosas pola consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, ou organismos análogos doutras comunidades autónomas. Os beneficiarios destas axudas son aquelas familias numerosas que teñan a súa residencia habitual no municipio de Ames. Con este tipo de iniciativas, o Concello de Ames, a través da Concellería de Servizos Sociais, pretende axudar a aquelas familias que máis dificultades teñen para a crianza dos fillos.

Na reunión decidiuse así mesmo denegar a axuda a 20 familias por diversos motivos. Na maioría dos casos por non axustarse as bases da convocatoria. Por outra banda solicitóuselle documentación a 8 unidades de convivencia para que a acheguen co obxecto de poder aprobarlle tamén esta axuda unha vez se comprobe a documentación achegada.

 A concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Luísa Feijóo, destaca que “Ames ten uns segmentos de poboación moi variados e hai un número importante de familias para as que estas axudas son imprescindibles á hora de abordar os seus gastos correntes ou algún gasto extraordinario. Aínda que Ames é un Concello novo e cun saldo vexetativo positivo importante, as familias numerosas xogan un papel importante á hora de reverter a situación demográfica xeral, polo que o Concello de Ames seguirá apostando por este tipo de axudas que aínda que non teñen un importe moi elevado por familia, si considero que son necesarias xa que supoñen un apoio as súas economías

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial