I Festa dos Muíños das Tres Aldeas

0

Ames, 6 de setembro do 2019 –  A asociación cultural de Pedrouzos, Lamas e Vilar organizan para este sábado, 7 de setembro, a primeira edición da Festa dos Muíños das Tres Aldeas coa colaboración do concello de Ames e a tenda Hello Cooking.

Esta Festa consistirá nunha visita guiada por mulleres das 3 aldeas que foron as últimas usuarias dos muíños de Riamontes. Por primeira vez farase tamén unha Olimpiada Rural na que todo o mundo poderá probar as súas habilidades nos traballos tradicionais. O concurso de masas e repostería será outro dos fitos da xornada.

Festa dos Muiños das tres aldeasA xornada xa tivo un precedente nos anos 2012 e 2013, cando a través da Asociación de Veciños de Riamontes, organizouse unha Noite de Repostería e cine ao aire libre cunha alta participación nas dúas edicións. Nesta ocasión organízase unha xornada con máis actividades e centrada nos muíños,

Programa de actividades

As actividades comezarán as 11.00 horas coa saída do lugar de inicio da ruta no Vilar e cunha visita guiada polos muíños. Para as 13.00h está prevista a chegada ao muíño do Vilar e facer unha moenda demostrativa. Unha hora despois, ás 14.00h, haberá un xantar popular na praza do Vilar. Cada participante deberá levar o seu xantar.

Pola tarde, ás 16.00h, comeza a Olimpíada rural. As inscricións faranse alí mesmo antes de comezar a proba. Para as 17.00h está prevista a recepción de pratos para o Concurso de Masas e Repostería. Ás 17.45h o xurado fará a cata e deliberación dos pratos presentados ao concurso, é ás 18.30h será a entrega de premios e fin de festa coa actuación musical do grupo de música tradicional Follas Novas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial