Ames celebra o XIII Festival de Maxia do 22 ao 28 de outubro

0

Ames, 12 de outubro do 2018 – O Auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acolleu a presentación do XIII Festival de Maxia de Ames, que se desenvolverá do 22 ao 28 de outubro.

O festival de Maxia de Ames non só chegará as casas da cultura senón que tamén pasará polos colexios e contará con obradoiros para nenos de 8 a 14 anos. Organizado polo concello o evento conta co apoio da Deputación da Coruña.

Na presentación estiveron presentes o concelleiro de Educación e Cultura, David Santomil, o representante de Abarajar Producciones, Javier Polo, e o director artístico e presentador do festival, Daniel Polo. O presentador da gala, pola súa banda, quixo incidir no matiz internacional do evento, no que participarán profesionais procedentes de distintos puntos do globo e recoñecidos tanto a nivel nacional como internacional, como a Maga Gisell, o Mago Edgard, Samuel Pons ou David Díaz, entre outros.

Do luns 22 de outubro ao venres 26, os centros de ensino de Ames acollerán  distintos espectáculos unipersoais de pequeno formato, a cargo dos magos Roberto Lolo e Pedro Bugarín. Ambos artistas repiten tras a súa participación na anterior edición. O mesmo venres, ás 18.30 horas, o prestixioso mago Luigi Ludus estará na Casa da Cultura de Bertamiráns  co seu espectáculo de maxia infantil “Cantando baixo a maxia”, dirixido a nenos/as de ata 12 anos.

Obradoiros de maxia

Outra das actividades que repiten este ano serán os obradoiros de maxia, dirixidos a rapaces e rapazas de entre 8 e 14 anos. Así, o sábado 27, o mago Roberto Lolo impartirá un taller na Casa da Cultura de Bertamiráns en horario de 11.00 a 12.30. O domingo, en cambio, o obradoiro impartirase no mesmo horario na Casa da Cultura do Milladoiro, e correrá a cargo de Pedro Bugarín.

Para estes talleres ofértanse un total de 50 prazas (25 por día). Para participar é necesario inscribirse chamando ao número de teléfono 981 535 940, dende o día 22 ata o 26 de outubro, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

“A volta a Galicia en 313 concellos”

Pola súa banda, o Mago Antón tamén participará o sábado neste festival co seu espectáculo “A volta a Galicia en 313 concellos”, que representará en Ames o sábado. Pola mañá, realizará tres sesións na Praza de Chavián de Bertamiráns (ás 11.00, ás 12.00 e ás 13.00 horas), mentres que pola tarde actuará no aparcadoiro de Travesía do Porto, no Milladoiro, ás 18.00, ás 19.00 e, por último, ás 20.00 horas. O aforo máximo será de 70 persoas por sesión, polo que para acudir é necesario recoller os convites nas casas da cultura entre o luns 22 e o venres 26 de outubro, en horario de 09.00 a 14.00 horas.

Gala Internacional de Maxia

A principal actividade do XIII Festival de Maxia de Ames será a Gala Máxica Internacional, da que se realizarán tres pases. Esta gala, presentada por Dani Polo, contará coa participación da maga Gisell e os magos Edgard, Darío Proximity, David Díaz e Samuel Pons.

O sábado, celebraranse dúas funcións da gala na Casa da Cultura de Bertamiráns, a primeira ás 18.30h e a segunda ás 20.30 horas, mentres que o domingo realizarase unha función na Casa da Cultura do Milladoiro ás 18.30 horas.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial