займ срочно

Novos horarios para as terrazas de Ames

0

Ames, 18 de xuño do 2020 –  O Concello de Ames comunicou os novos horarios de apertura e peche para as terrazas autorizadas dentro do concello. Unha normativa consensuada na xunta de voceiros municipal por todos os grupos políticos.

Os novos horarios en Ames foron autorizados por un decreto de alcaldía, tras alcanzar o acordo, e ademais danse a coñecer por medio dun bando informativo. Durante xullo e agosto ahora de peche será a 01:00 horas, ampliándose ese horario ata as 02:00 os venres, sábados e véspera de festivos.

Novos horarios para as terrazas de AmesA normativa de terrazas é unha das batallas de todos os concellos. O de Ames traballa para consensuar unha desde a lexislatura anterior. No ano 2016 acordara cos hostaleiros do concello crear unha comisión conxunta que analizara a situación pero non se acabou de concretar unha lexislación que aprobar.Un dos principais problemas e manter a accesibilidade e permitir ao mesmo tempo a instalación xa que moitas beirarrúas non permiten os mínimos necesarios.

Este ano elaborouse un borrador do regulamento da ocupación de dominio público e espazos privados de uso público por terrazas e elementos vinculados á actividade comercial e hostaleira con fins non festivos, ata o momento, só existía a ordenanza. O borrador xa foi remitido aos grupos municipais da oposición, ás asociacións de empresarios e comerciantes de Ames, á Asociación de Hostalaría de Santiago e aos diferentes locais de hostalaría de Ames, que dispoñen de terraza e fixeron a solicitude para a súa posta en valor.

Ao longo deste mes de xuño poderanse facer achegas a este novo regulamento por parte do sector hostaleiro, en aras de acadar unha normativa beneficiosa tanto para o sector como para a veciñanza amesá.

Tres tempadas distintas

O horario de apertura sempre será o mesmo, ás 9.00 horas da mañá todos os días. Mentres que o horario de peche será diferente tendo en conta a tempada estival.

No tocante ao peche, haberá 3 tempadas diferentes. Nos meses de xaneiro a abril e de outubro a decembro, o horario de peche é de 23.30 horas de domingo a xoves, e ás 00.30 horas os venres, sábados e vésperas de festivo. Mentres que nos meses de maio, xuño e setembro, o horario sería ás 00.00 horas de domingo a xoves e 1.30 horas os venres, sábados e vésperas de festivo.

Xa na tempada de verán, nos meses de xullo e agosto, o horario de peche de terrazas sería ás 1.00 horas de domingo a xoves, e ás 2.00 horas os venres, sábados e vésperas de festivo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies