O IBI de Ames pendente do xulgado. Historia dunha liorta.

0

Ames, 2 de outubro do 2020 – O Imposto de Bens Inmobles, IBI, de Ames depende dunha sentencia xudicial sobre unha convocatoria a un pleno.

Parece absurdo pero é a realidade e por se non fora suficiente todo sucede en torno ao 28 de decembro pasado. O día anterior aos Santos Inocentes o goberno amiense recibe unha alegación á suba do IBI ás doce do mediodía; dependendo da súa resolución que a modificación fiscal sexa efectiva convócase un pleno para as catro da tarde.

Os intentos para convocar aos concelleiros do Partido Popular son infrutuosos polo que o pleno pásase para o sábado 28. Ao tempo que se cambia a data do pleno inténtase notificar a sesión aos concelleiros populares nos seus domicilios sen que sexa posible localizalos. O pleno celébrase coa ausencia dos concelleiros do PP, a alegación é aceptada e o novo IBI entra en vigor.

Denuncia no xulgado

O Partido Popular pasa ao primeiro plano de esta historia ao presentar unha denuncia por vulneración de dereitos fundamentais. A sentencia que se coñece estes días recoñece esa vulneración e anula o pleno. O equipo de goberno anunciaba en rolda de prensa este xoves que recorrerá a sentenza polo que, ata que o recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sexa resolto e definitivo, o novo IBI segue sendo o aplicable según o concello.

A sentenza

A sentenza dirime algunhas das acusacións cruzadas de ambos grupos. Unha das primeiras queixas do goberno amiense é que a alegación foi presentada por un membro do partido popular, na cidade da Coruña e por correo postal o último día permitido para alegar. Según a tese do goberno municipal fíxose aposta para que chegara no último momento posible e, ao non poder ser resolta, se tivera que anular a suba do IBI.

Desde o Partido Popular explican que a alegación foi presentada por alguén que foi nas súas listas pero que o fixo de xeito particular. Engaden que en todo caso a alegación non ten relación directa co IBI e que de feito foi aceptada.

A sentenza quítalle a razón ao Partido Popular, que dicía que a urxencia na convocatoria do pleno non existía xa que o goberno municipal tivera meses para realizar a tramitación. Na resolución considérase que dadas as circunstancias a urxencia estaba xustificada, entre outras razóns, polos efectos que as decisións que tomara o pleno terían.

Si recoñece que, sendo firmada de xeito electrónico a convocatoria de pleno as dúas da tarde, co fin de que tivera lugar as catro, o PP non tivo tempo material suficiente para revisar a documentación “dado el corto y escaso lapso de tiempo transcurrido, cuestión a la que se ha hecho mención, y la inmediatez de la convocatoria, menos de dos horas, tales circunstancias se debe de significar que incidieron y afectaron al derecho de información y participación de los ahora recurrentes”.

Onde está Wally?

En esta maraña de acusacións e datos a cuestión que marca a diferenza queda agochada. A sentenza aclara que, en realidade, non foi un pleno posposto, se non que foron dous plenos “Así, resulta precisamente del acta de la sesión del 27 de diciembre de 2019, constando que el Sr. Alcalde ante la imposibilidad de notificar la convocatoria de la sesión del día 27 de diciembre, vai levantar a sesión e convocará nova sesión ca mesma orde do día para mañá sábado, ás 12. horas, lo que significa que acuerda dar por finalizada la sesión y dispone convocar una nueva sesión para el día siguiente, 28 de diciembre, a las 12 horas de la mañana.

Esta diferenza ten especial relevancia xa que os intentos de convocar aos concelleiros do Partido Popular fixéronse para o día 27. O notificador municipal chegou a falar co asistente administrativo dos populares quen, previa conversa telefónica, negouse a recoller a convocatoria polo pouco tempo que quedaba para o pleno. Pero o recurso administrativo interposto no tribunal polo PP amiense refírese ao día 28 tan só, non ao 27.

A sentenza o deixa claro “A ese respecto no resulta acreditado que la convocatoria del día 28 de diciembre de 2019 se pusiera en conocimiento de los interesados a través de la remisión a la cuenta del correo electrónico, siendo que el documento aportado con la contestación a la demanda se refiere a la convocatoria del pleno del 27 de diciembre y no a la convocatoria del pleno del 28 de diciembre. Igualmente, en cuanto a la notificación a través de WhatsApp de los portavoces municipales , de la documentación aportada resulta que el WhatsApp remitido se refiere a la notificación del pleno del 27 de diciembre, no a la convocatoria del pleno del 28 de diciembre de 2019.

En cuanto al encuentro entre el notificador municipal y el auxiliar del grupo municipal, al que se ha hecho mención, e igualmente a las llamadas realizadas por dicho notificador municipal se refieren a la convocatoria del pleno del 27 de diciembre de 2019″. Todas as notificacións referidas ao día 28 tentaron facerse nos domicilios dos concelleiros populares sen que se conseguira.

Liortas que saen caras

A falta dun entendemento mínimo entre grupos ten consecuencias na xestión dos concellos. O goberno municipal explica que a anulación da suba do IBI supón unha diminución nos orzamentos de 700.000 euros. Si o recurso non prospera a situación será aínda máis complicada xa que terase que devolver o cobrado, volver aos trámites e a unha nova aprobación da modificación.

O Partido Popular embarra o terreo de xogo levando a cuestión aos tribunais, co agravante de que non ten maioría plenaria polo que a modificación sairía adiante en calquera caso. Ao mesmo tempo o goberno municipal, Psoe, Podemos e BNG, coñece os prazos como para priorizar o traballo e que a aprobación dunha normativa tan importante non dependa dunha alegación de última hora.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial