Ames impulsa un taller de iniciativas empresariais no sector agroalimentario

0

Ames, 27 de setembro do 2018 – O concello de Ames organiza en colaboración coa empresa Sinerxia Plus o taller Sinerxia Food Lab enfocado a iniciativa empresarial no sector agroalimentario.

Sinerxia food lab ten como finalidade formar a persoas menores de 35 anos, maiores de 45 ou parados de longa duración e realizarase do 1 ao 30 de outubro, financiada polas axudas da Xunta de Galicia para a posta en marcha de laboratorios cooperativos no rural. As persoas interesadas pódense inscribir, de forma gratuíta, a través do número de teléfono 981 56 18 90, en horario de 9.00h a 14.00 horas, ou enviando un correo ao enderezo electrónico rrhh@sinerxia.es, indicando no encabezado “Inscrición no Sinerxia Food Lab”. O prazo de inscrición está aberto ata este venres 28 de setembro.

O curso xurde como un programa intensivo que busca aportarlle aos alumnos/as ferramentas para o diagnóstico, xeración de ideas, formación e mentorización no campo da industria agroalimentaria. Asemade, outro dos obxectivos do curso, que enfoca o contido cara a perspectiva “quilómetro cero”, vai encamiñado a impulsar proxectos empresariais relacionados con este tipo de industria no propio concello. A formación irá encamiñada ao coñecemento dos procesos de elaboración, distribución, promoción e comercialización neste tipo de industria, así como ao asesoramento empresarial e de innovación.

Esta primeira edición do curso Sinerxia Food Lab, que constará de un total de 150 horas, centrarase nos produtos hortofrutícolas dende a perspectiva “quilómetro cero” ou “slow food”. Así, o programa formativo comezará introducindo ao alumno/a no tipo de industria “quilómetro cero” e nas diversas etapas nas que se divide o seu proceso produtivo. O bloque de formación concluirá con un tema sobre a innovación e o desenvolvementos de ideas de novo produto ou servizo.

O seguinte punto xirará en torno ao coaching, a aprender a emprender. Así, seguindo o método “GROW”, trataranse as distintas fases do proceso de coaching empresarial, seguindo os puntos que para transformar unha idea en realidade. A continuación, o curso centrarase no asesoramento para a mellora de procesos comerciais. De seguido, persoas con experiencia no sector agroalimentario falarán cos alumnos e asesoraranos de cara aos seus proxectos.

Por último, dedicaranse 45 horas do programa a tutorizar ao alumno na selección e desenvolvemento do proxecto individual que deberá defender, e que se lle avaliará ao final do curso.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial