Ames inicia un plan de cardioprotección coa instalación de 4 desfibriladores

0

Ames, 30 de novembro do 2018 –  O Concello Ames iniciou un plan de cardioprotección coa instalación de 4 desfibriladores que se sumarán ao que tiña Protección Civil.

Os desfibriladores están situados en instalacións deportivas, como o campo de fútbol do Milladoiro e de Bertamiráns, no pavillón e Casa de Cultura do Milladoiro, e un cuarto a disposición da Policía Local, para poder acudir ante unha parada cardíaca de forma móbil.

Co estas instalacións o proceso de atención ante unha parada cardíaca axilízase, xa que o propio desfibrilador incorpora un dispositivo conectado 24 horas con telecontrol, tele-asistencia, chamada preferente ao 112 e xeolocalización.

O alcalde de Ames, Jose Miñones, explica que “faise realidade este proxecto que quixemos poñer en marcha o ano pasado. Ames contará non só cos dispositivos, senón coa formación e cobertura de última xeración. Seguimos apostando por un Concello saudable que aposte polo deporte e os hábitos saudables”. Todo o proxecto levouse a cabo coa empresa B+ Safe, líder en cardioprotección de espazos en España que ademais, incluíu a formación en RCP/SVB (Resucitación Cardiopulmonar/Soporte Vital Básico) e uso do DESA (desfibrilador semiautomático) asía como charlas sobre a cardioprotección e estas técnicas ao resto dos veciños.

Nesta iniciativa, o Concello de Ames, colócase tamén na vangarda tecnolóxica que lle converte nun dos poucos municipios que conta cun servizo integral de cardioprotección intelixente. “O sistema monitoriza o equipo, asegurando o seu correcto funcionamento no caso de que sexa necesario, ademais de ofrecer un servizo de teleasistencia que guía ao usuario na maneira de proceder se se produce un accidente cardíaco. “Saber como realizar unha RCP e contar cun desfibrilador pode ser a diferenza entre a vida e a morte”, explica Javier Maeztu, director de relacións institucionais de B+ Safe.

Á presentación acudiron varios representantes dos clubs deportivos de Ames, así como monitores das Escolas deportivas municipais. O goberno municipal levou a cabo unha programación de formación ao longo do pasado ano no que o persoal municipal tivo a oportunidade de coñecer con detalle o uso e técnicas a realizar con estes dispositivos. Desde a Concellería de Deportes quere facerse unha planificación conxunta para a formación dos monitores/as das entidades deportivas locais de cara a que calquera deles poida, en caso de urxencia, utilizalo e salvar unha vida. Para o Concello é clave a implicación dos clubs e de aí que se propoña levar a cabo xa neste mesmo ano unha formación para 5 representantes de clubs que será ampliada no 2019.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial