Bregadiers e Manuel Gutierrez Trío no Ames Jazz 2020

0

Ames, 26 de xuño do 2020 – Onte presentábase no Pazo da Peregrina a terceira edición do Ames Jazz, un festival que se celebrará en ese mesmo espazo o próximo 4 de xullo.

O Ames Jazz 2020 contará co grupo de rúa Os Bregadiers, que farán un percorrido polas rúas da vila ata chegar ao Pazo, e Manuel Gutierrez Trío, que actuará cando rematen. Si o tempo non permitira estas actuacións, pensadas para o exterior, o festival celebraríase na Casa da Cultura de Bertamiráns.

Bregadiers e Manuel Gutierrez Trío no Ames Jazz 2020Na presentación estiveron presentes Natividade González, concelleira de Cultura e Tecnoloxías da Comunicación; Xacobe Martínez, director artístico; Manuel Gutierrez, músico; e Alvaro Trillo, músico e integrante de Os Bregadiers. O director do Festival, Xacobe Martínez explicaba a importancia de esta proposta, a única dedicada integramente ao jazz galego

A concelleira de Cultura, Natividad González, que explicaba que a aposta inicial, antes da pandemia, era máis ambiciosa pero tivo que quedar para o vindeiro ano. Lindeiros preguntñaballe pola vantaxe que pode supoñer, na actual situación, contar con dous auditorios no concello

Un pasarrúas como principal novidade do Ames Jazz 2020

O Ames Jazz 2020 ten como principal novidade un pasarrúas do grupo Bregadiers. Este dará comezo ás 21.00 horas na Praza do Concello, onde terá lugar unha pequena actuación antes de comezar a andaina polas rúas. Será as 21.15 horas, aproximadamente, cando dará comezo o pasarrúas ata a Praza da Maía. Nesta, tamén se realizará outra pequena actuación, que dará comezo arredor das 21.25 horas, e xa ás 21.45 horas aproximadamente, e cando dará comezo o pasarrúas ata o Pazo da Peregrina, onde se realizará outra pequena actuación que comezará arredor das 22.00 horas.

Bregadiers e Manuel Gutierrez Trío no Ames Jazz 2020Os Bregadiers son experimentados músicos galegos nunha formación que leva ás rúas músicas doutras latitudes, nunca antes escoitadas en vilas e cidades galegas. Inspirados nas brass bands, fanfarrias ou bandas gypsy, Os Bregadiers son os herdeiros destas tradicións, cunha calidade musical e artística fóra de toda dúbida.

Así, con Oscar Prieto á tuba, Oliver Cano ao saxo alto, Rosolino Marinello ao saxo tenor, Javier Barral ao bombo e Abel Leonardo á guitarra, Os Brigaders serán os encargados de encher as rúas de Bertamiráns con ritmos swing, jazz e rock&roll.

Posteriormente, tamén no Pazo da Peregrina, ás 22.30 horas, dará un concerto o músico Manuel Gutierrez co seu trío. Cunha carreira profesional que abarca dende o rock, o folk, world music, blues, jazz ou as gravacións como músico de sesión ou composición de música para teatro ou documentais. Tocou en festivais de España, Portugal, Francia, Marrocos, Bulgaria, Suíza, Sudáfrica, Bolivia, Corea Do Sur, México, Guatemala, El Salvador, Nicaragua, Honduras e China.

Na actualidade, Manuel  traballa fundamentalmente cos seus proxectos persoais (o trío e un proxecto de piano solo), con Sumrrá, e como profesor de piano e combo en Estudio Escola De Música.

O aforo no Pazo da Peregrina limitarase a 100 persoas, e no caso de choiva, o evento trasladarase ao auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial