займ срочно

O goberno de Ames leva a pleno soldos por importe de 600.000 €

0

Ames, 2 de xullo do 2019 – O Partido Popular de Ames denuncia que a proposta que o goberno de Ames leva esta tarde a pleno suporá 600.000 euros anuais.

O alcalde do novo goberno de Ames, según os datos do PP, sóbese o soldo ata os 53.000 € brutos ano, o máis alto da bisbarra por riba incluso do de Santiago de Compostela. O PP denuncia ademais que as novas retribucións duplican as que tiña, con maioría absoluta, o goberno popular no 2011 e que era de trescentos once mil euros.

Serán 15 cargos con dedicación, 11 concelleiros e catro cargos de confianza, un aumento según os populares dun 107% con respecto ao anterior mandato. Ademais do incremento dun 6% do soldo do alcalde, crecen na mesma porcentaxe o soldo do portavoz socialista, Blas García, a do BNG, David Santomil, e a de Contigo Podemos, Genma Otero. Santomil e Otero cobrarán 39.750 € e créanse dúas novas dedicacións exclusivas de máis de 34.450,00 € cada unha.

O PP lebra que “O Sr. Miñones no ano 2011, cando era voceiro do PSOE de Ames, votara en contra e criticara duramente que o goberno do PP, con maioría absoluta, tivera unhas retribucións anuais de 310.00€ (seguridade social incluída) para os 4 concelleiros con dedicación e 3 persoas  de confianza. Agora e como alcalde, o seu goberno duplica a cantidade de membros con dedicación e persoal de confianza” e adianta que rexeitará a proposta.

 O novo goberno terá que modificar o orzamento cunha transferencia de crédito, para poder facer fronte a esta brutal suba de salarios.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies