Ames licita 8 proxectos do POS+2019 da Deputación

0

Ames, 9 de agosto do 2019 –  A Xunta de Goberno Local de Ames vén de aprobar o expediente de contratación de oito proxecto, por valor de 738.956 euros, que se sufragarán con cargo ao POS+ 2019 da Deputación.

As obras executaranse en diferentes lugares das parroquias de Bugallido, Biduído, Ortoño e Ames. Este ano por primeira vez decidiuse licitar os proxectos da Deputación por lotes e non de xeito individualizado. O obxectivo de este cambio e axilizar o proceso administrativo e que os proxectos se adxudiquen e executen o antes posible.

ames proxectos deputaciónA Xunta de Goberno Local aprobou o expediente de contratación, mediante procedemento aberto simplificado, tramitación ordinaria, con un único criterio de adxudicación (o prezo), dos contratos de oito lotes de obras de pavimentación de camiños e viarios municipais, incluídas no POS+ 2019, convocando a súa licitación.

As obras que se van licitar son a mellora do camiño de Quistiláns a Costoia; e mailas obras de pavimentación dos accesos en Costoia; dous viarios no lugar de Outeiro; e do acceso ao cemiterio municipal. Realizarase a pavimentación do viario da estrada que vai dende a rotonda da Bola ata Framán-Eirapedriña; a pavimentación dos viarios do núcleo do Pedregal; a pavimentación do viario do Casaliño; e maila reparación do camiño de Castelo a Vilar.

Tamén se  aprobou o gasto correspondente por importe de 610.707,74 euros, máis o IVE, que fai un total de 738.956,37 euros.

O concelleiro de Obras, Servizos Básicos e Protección Civil, Blas García, destacou que “a través do POS+ 2019 vanse executar 20 proxectos por valor de 1,2 millóns de euros. O 86,2% do financiamento dedícase a proxectos no rural (1.030.735 euros), mentres que o 13,8% restante (164.355 euros) dedicarase a obras nos espazos urbanos de Bertamiráns.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial