Melloras no camiño de Mercuto a Folgueira en Ames

0

Ames, 18 de xaneiro do 2020 – A Xunta de Goberno de Ames vén de aprobar a adxudicación do expediente de licitación das obras de pavimentación do camiño que vai dende O Mercuto ata A Folgueira, na parroquia da Ameixenda.

Os traballos entre Mercuto e Folgueira pertencen ao Plan Plus de obras da Deputación, correspondente ao 2019. O proxecto foi adxudicado por un importe de 29.662,90 euros. A adxudicación deste proxecto súmase a outras oito obras, incluídas no POS+ 2019, que tamén están en fase de licitación e adxudicación.

Aldea de Mercuto en Ames

Aldea de Mercuto en Ames

Os traballos desenvolverase nun treito de 750 metros e 4,00 metros de ancho. Neste camiño preténdese a mellora da capa de rodaxe con cinco centímetros de aglomerado en quente a toda a plataforma, previa reparación de baches e previo emprego de quince centímetros de zahorra de canteira, quince de grava e tratamento asfáltico semiprofundo en ampliación do ancho da superficie pavimentada ambos lados, 0,50 metros a cada lado, dentro da plataforma actual do camiño.

Completan a obra a limpeza de gabias e salvagabias para o correcto drenaxe lonxitudinal e transversal, e a sinalización horizontal e vertical con pintado de liñas en bordes e símbolos e colocación dunha sinal de stop.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial