Servizos Sociais de Ames habilita dúas liñas 900 gratuítas

0

Ames, 23 de abril do 2020 – O concello de Ames ven de contratar dúas liñas 900 gratuítas para a atención telefónica de servizos sociais.

As liñas 900 estás asignadas a Bertamiráns, 900 101 569, e Milladoiro, 900 103 704. O concello busca que os usuarios teñan un acceso directo e de balde para poder solicitar citas, facer consultas ou resolver dúbidas nuns momentos tan complicados.

Dende o Concello de Ames explican “a necesidade de ir adiantándose ás demandas que require esta situación excepcional que estamos a vivir e poder dar así resposta inmediata á veciñanza amesá”. A concelleira de Benestar Social, Luisa Feijoo, destaca que esta “foi unha das iniciativas que se abordou no Comité de Emerxencia Social, que se constituíu co ánimo de dar cobertura ás demandas de primeira necesidade e para realizar unha xestión eficiente e eficaz das diferentes axudas municipais para o seu reforzo durante a crise do Covid-19.

Reparto de alimentos

Outro dos reforzos que se está a desenvolver durante o estado de alarma é o que atinxe ao reparto de alimentos entre as familias máis necesitadas do concello. Neste sentido, e ante o incremento nas demandas das familias, o Concello de Ames procedeu á compra de máis produtos con fondos municipais.

Entre os alimentos e produtos que se están a repartir, figuran patacas, aceite, cacao, café, legumes (lentellas, fabas, garabanzos, xudías) verduras (guisantes, acelgas, espinacas) sardinillas, pasta, galletas, cereais, arroz, tomate frito, arroz, fariña ou azucre. Asemade, tamén se reparten produtos de hixiene como xel, champú, pasta dentífrica, cepillos de dentes, papel hixiénico, lixivia, compresas ou cueiros. Ademáis, continúase os venres co reparto de lotes saudables (froita, verdura, queixo, iogures) entre as familias con nenos e nenas en comedor escolar bonificados con informe social.

25 e-bonos de 60GB

Outra das medidas que adoptou o Concello de Ames foi a compra de 25 e-bonos de 60GB para as familias con menos recursos, co ánimo de favorecer así o acceso a internet neste momento de confinamento. Esta medida está enfocada, sobre todo, a que os nenos e nenas poidan continuar co curso escolar dende a casa.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial