Liorta en Ames por conta da suba do IBI

0

Ames, 30 de decembro do 2019 – O Psoe de Ames acusa ao Partido Popular de intentar parar a suba do IBI; que suporía rebaixar os ingresos en 800.000 euros, cunha alegación no último momento.

O pasado sábado celebrouse un pleno extraordinario ao que non asistiu o PP e no que se aprobou a mencionada suba do IBI, Imposto de Bens Inmobles. Os socialistas denuncian en Facebook que o PP quixo bloquear a aprobación enviando uha alegación no último momento e desde unha oficina de Correos da Coruña

Obrar de “mala fe”

Os socialistas acusan na publicación ao PP de actuar de mala fe por presentar a alegación no “último día no que remataba o prazo e nunha oficina de Correos de A Coruña. Está clara que a súa intención era a de boicotear o traballo deste concello e os acordos adoptados pola maioría plenaria.A súa mala fe explícase porque presentou esta alegación o día 23 de decembro sabendo que o 24 e o 25 non son hábiles, e contaba que con estas datas de Nadal e o colapso de Correos a súa comunicación chegaría cando non houbese capacidade de manobra e tempo legal para facer efectivo o acordo plenario, e polo tanto non poder dispoñer o concello de Ames con 800.000 euros no seu orzamento”.

Liorta polo IBI en AmesConcelleiros desaparecidos

O Psoe tamén conta como a alegación recibiuse o venres pasado e convocouse un pleno urxente para as catro da tarde. Afirman que o administrativo do PP, que recibe sempre as convocatorias a plenos, negouse en esta ocasión a recollela polo que optaron por notificar a conovcatoria aos propios concelleiros “Tras intentar notificar nos seus domicilios ao membros do Grupo Popular e non ser posible localizar a ningún deles decidimos suspender ese pleno e volver a convocalo para o sábado 28 ás 12 horas e ter máis tempo para realizar a convocatoria”. Tanto Quique Costas de Ames Novo como José Ramón Oulego de Ciudadanos si recibiron e aceptaron a convocatoria.

Pleno con ausencias

Os funcionarios municipais foron ata a 3 ocasións, según a versión socialista, a entregar a convocatoria aos domicilios dos concelleiros do PP. Chegada a hora a sesión extraordinaria celebrouse sen máis problemas pero coa ausencia dos membros do Partido Popular.

Os socialistas rematan recriminando ao PP que no pleno ordinario celebrado o xoves non alertaran da presentación da alegación.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial