O polígono do Milladoiro terá un novo acceso desde Ventín

0

Ames, 2 de outubro do 2019 – A Xunta de Goberno Local vén de adxudicar as obras de pavimentación para a mellora do viario de acceso ao polígono do Milladoiro dende a estrada Ventín Coira.

A estrada desde Ventín ten unha lonxitude de 370 metros e unha anchura media de 5,5 metros. A súa capa de rodaxe atópase degradada debido ao intenso tráfico que circula en dirección ao parque empresarial desta localidade. Pola marxe dereita de dito viario executarase unha cuneta de seguridade, revestida de formigón de 365 metros de lonxitude e 1,5 metros de anchura con canalización de augas pluviais. Deste xeito aumentarase a seguridade viaria, tapando a cuneta que actualmente está en terra e que ten gran profundidade.

Ames acceso polígono desde VentínTamén se acondicionará, por esta mesma marxe, un sobreancho de xeito que se alcance unha anchura total de 6 metros (carrís de 3+3 metros) na capa de rodadura. O firme no sobreancho consistirá en 20 centímetros de zahorra e 15 centímetros de grava con rega semiprofunda. Na calzada actual procederase a reparar as fochancas existentes con grava e rega semiprofunda e corrixirase o peralte da curva do punto quilométrico 0+200 cunha cuña de aglomerado de 6 centímetros de espesor medio.

Finalmente procederase a estender unha capa de aglomerado de 6 centímetros de espesor en toda a calzada. Para evitar a contaminación con terras da estrada procederase ao afirmado con grava e tripla rega dos tres entronques existentes ao comezo da actuación.

A mellora de dito acceso ao parque empresarial permitirá seguir humanizando o núcleo urbano do Milladoiro minorando o trafico de vehículos pesados pola rúa de Abaixo e pola rúa do Muíño Vello, que dan acceso ao polígono dende a estrada N-550. Esta medida está directamente relacionada coas actuacións que se están a desenvolver para a humanización do Milladoiro, como foi a prohibición da circulación de vehículos cunha MMA de máis de 30 toneladas pola avenida de Rosalía de Castro.

Os traballos adxudicáronse por un importe de 59.895 euros e o concello  recibiu unha axuda da Xunta de Galicia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial