Melloras nas instalación deportivas de Bertamiráns

0

Ames, 10 de xuño do 2020 – O concello de Ames acomete melloras, por máis de catrocentos mil euros, no campo de fútbol, no pavillón e na área deportiva de Bertamiráns.

Os investimentos corresponden con acordos e plans da Deputación e supoñen máis de 400.000 euros en equipamentos deportivos para Bertamiráns.

Renovación do campo de fútbol

O campo de fútbol de Bertamiráns necesitaba de melloras despois dunha década de uso continuado. A Xunta de Goberlo Local aprobaba o proxecto de obra cun custo de 312.067 euros. O convenio coa Deputación, polo que o organismo provincial asume o oitenta por cento do custo, asinouse en outubro do ano pasado e permitirá a renovación do firme que pasará a ser de herba artificial de última xeración.

A concelleira de Deportes, Susana Señorís, indica que “é unha obra moi necesaria, xa que este campo de fútbol municipal emprégano os nenos e nenas das Escolas deportivas municipais. Ademais, ao longo da semana, son moitos os rapaces e rapazas de distintas idades os que adestran nel, e durante a fin de semana é empregado para disputar numerosos partidos de diferentes clubs, polo que calquera mellora que se execute nel é sempre benvida”.

O campo habilitarase para a práctica de fútbol 8 e fútbol 11, segundo os criterios regulamentarios da RFEF, e dotarase de novas porterías, redes e outro equipamento. Acometerase tamén a renovación do metacrilato dos bancos, dado o seu mal estado. As obras inclúen tamén unha mellora na grada existente, onde se instalarán asentos plásticos, de fácil mantemento e limpeza, para facilitar unha maior comodidade dos espectadores que a asisten aos partidos.

Melloras para as instalación deportivas de BertamiránsÁrea deportiva e pistas de padel

Señarís visitou ademais as instalacións do pavillón polideportivo de Bertamiráns, onde se executou o proxecto de reforma dos vestiarios. Estas obras foron adxudicadas por 54.949,61 euros. Tamén avanzan a bo ritmo as obras para construír un nova pista de pádel e unha pista de baloncesto exterior. Este proxecto foi adxudicado por un importe de 89.353,66 euros, en total, destínanse 144.303,27 a estas dúas actuacións de mellora dos equipamentos deportivos de Bertamiráns.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial