Vaia Banda! Vaia Circo! de Odaiko este sábado no Milladoiro

0

Ames, 30 de xullo do 2020 – O grupo Odaiko presenta en Milladoiro o espectáculo Vaia Banda! Vaia Circo!, o próximo sábado as nove da noite, na explanada da Casa da Cultura do Milladoiro, en Ames.

Odaiko noso frece en este espectáculo unha combinación de percusión, acrobacias, elementos circenses e música virtuosa. Unha actividade que xa presenciaron máis de 25.000 espectadores desde que se puxera en marcha por toda Galicia. A actividade, patrocinada pola Rede Cultural da Deputación de A Coruña,  encádrase no programa Ameson de fomento dos sectores culturais e económicos de Ames. A entrada é de balde e o aforo limitado por mor das medidas de seguridade.

Vaia Banda! Vaia Circo! de Odaiko este sábado no MilladoiroComo si de un «circo desastre» se tratara, Odaiko monta o seu propio espectáculo circense no que os elementos de percusión van ser os materiais que sirvan de base para as súas acrobacias. Baquetas que voan, tambores utilizados como aveños de circo, instrumentos manufacturados e música do máis virtuosa en directo, son elementos que conseguen un espectáculo para un público familiar.

Odaiko é un grupo de percusión contemporánea que fusiona sons de jazz, flamenco, folk con outros máis  tradicionais procedentes de culturas como a indú ou a senegalesa. Juan Collazo, Antonio Ocampo, Félix Rodríguez e Fran Troncoso, todos eles  músicos multidisciplinares de reputada traxectoria, son os compoñentes de Odaiko Percussion Group.

Con máis de 1.500 concertos ás súas costas, e presenza en festivais tan importantes como Steve Reich Festival (Holanda), o Stok Leuven Contemporain Festival  de Bélxica, o Convención Internacional de Percusión de Taipei ou o Nancy Zeltsman Festival e o Zeltsman Marimba Festival de Estados Unidos, Odaiko encárgase na actualidade da organización do Festival Internacional de Percusión, que se realiza nos primeiros días de agosto nos pendellos de Agolada.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial