займ срочно

Ames mobilízase contra a EDAR do Souto

0

Ames, 8 de febreiro do 2018 – O Concello de Ames, en colaboración coa Plataforma pola Defensa do río Sar, vén de convocar unha concentración para este sábado, 10 de febreiro, en contra da construción da EDAR no lugar de O Souto, en Santiago de Compostela.

A reivindicación consistirá nunha andaina saíndo da farmacia de Roxos, as dez e media da mañá,  ata O Souto. O obxectivo é dar a coñecer o gran impacto ambiental que suporá o desmonte dunha zona de gran riqueza ambiental, paisaxística e patrimonial.

O Consello de Ministros do goberno do Estado aprobou a ocupación dos terreos e bens afectados para a construción da EDAR do Souto, sen contar aínda co convenio asinado co Concello de Santiago. Debido a iso o goberno municipal anunciou que poría en marcha unha serie accións de protesta en colaboración coa veciñanza amesá, a andaina de este sábado é a primeira delas.

A andaina partirá da farmacia de Roxos, situada na rúa de Muros 141, as dez e media da mañá.

O Concello de Ames conta cun acordo unánime de todas as forzas políticas de Ames sobre o rexeitamento á actual ubicación da EDAR no Souto. A posición das forzas políticas do concello  e conseguir a ubicación en Silvouta, o lugar orixinal e  mellor valorado polos técnicos da propia Consellería de Medio Ambiente.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies