Ames aproba unha moción para asumir todas as demandas de uso dos comedores escolares

0

Ames, 29 de setembro do 2018 – O pleno de setembro de Ames tratou de novo o conflito dos comedores escolares ao presentar Ames Novo unha moción para que o concello asuma tódalas peticións de uso.

A moción sobre o uso dos comedores escolares foi aprobada co voto a favor dos concelleiros e concelleiras de Ames Novo, Partido Popular e Pacto por Ames, e o voto en contra dos membros do goberno municipal. A proposta quedara enriba da mesa no pasado pleno ordinario de xullo ao non dispor dos correspondente informes técnicos dos departamentos de intervención e educación. Agora, unha vez elaborados ditos informes, foi tratada pola Corporación municipal.

O Pleno aprobou que o Concello poñerá en marcha de xeito urxente todas a medidas provisionais necesarias para a absorción do total de demandantes do Servizo Municipal de Comedores Escolares para o curso 2018-2019. Os outros dous acordos que recolle dita moción son que o Concello adoptará as medidas precisas en materia de infraestruturas para a adecuación da oferta de prazas deste servizo ao previsible incremento da demanda futura. Especialmente tomará todas as medidas que se necesiten para que o futuro CEIP do Milladoiro incorpore comedor e cociña con capacidade suficiente e adecuada  ao tamaño do centro; así como que o Concello de Ames adoptará aquelas medidas de corrección orzamentaria que sexan precisas para o cumprimento destes acordos, conforme ao establecido no Regulamento de Aplicación Orzamentaria e demais normativa reguladora vixente.

Convenio para a xestión compartida da ETAP de Lens

O pleno tamén aprobou por unanimidade o convenio que regulará a porcentaxe de participación nos custes de xestión da ETAP de Lens, compartida con Brión.

No 2008 foi aprobado o anteproxecto das obras de abastecemento en Ames e Brión polos plenos de ambos Concellos acordando a súa xestión conxunta. Posteriormente, en 2016 foi entregada dita ETAP por parte da Xunta de Galicia, coas seguintes instalacións: captación de auga no río Tambre, no lugar de Lens; estación de tratamento de auga potable (ETAP) con capacidade para tratar 175l/s, a cal inclúe un depósito de auga tratada de 7.300 metros cúbicos; tubaxe de impulsión en fundición dúctil entre a ETAP e o depósito da cabeceira; un depósito de cabeceira de auga de 10.000 metros cúbicos; e tubaxes de condución por gravidade entre o depósito de cabeceira e os depósitos existentes en Brión e Castiñeiro do Lobo (Ames). O convenio agora aprobado regula o xeito de compartir os custos de xestión e mantemento desta instalación.

Sétima modificación puntual da RPT

A Corporación municipal aprobou a sétima modificación puntual da RPT que consiste no cambio de adscrición orgánica dun dos postos de auxiliar administrativo/a, actualmente integrado no servizo de Secretaría do departamento de Secretaría e Administración Xeral; que pasará a adscribirse ao servizo de Contratación deste mesmo departamento, e a incorporación á RPT municipal dunha nova división administrativa correspondente á Escola Municipal de Música; coa creación de 9 postos adscritos á mesma. Dita modificación foi aprobada cos votos a favor dos membros do goberno e dos concelleiros/as de Ames Novo, mentres que os edís de Pacto por Ames e do Partido Popular abstivéronse.

Centro deportivo municipal A Telleira

Por outra banda, abordouse a modificación da ordenanza reguladora do prezo público pola utilización do Centro Deportivo Municipal A Telleira, así como a revisión do prezo de concesión da xestión e mantemento do devandito Centro deportivo. A modificación da ordenanza responde a un incremento das tarifas nun 2,6%. Este punto foi aprobado por maioría simple co voto favorable dos membros do goberno, mentres os edís de Ames Novo, Partido Popular e Pacto por Ames, abstivéronse.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial