займ срочно

Ames modifica o plan estratéxico de subvencións

0

Ames, 20 de maio do 2019 –  A Corporación municipal aprobou no pleno ordinario do pasado mes de abril a terceira modificación do Plan estratéxico de subvencións do Concello de Ames co obxectivo de incluír as novas liñas de axudas que se recollen no Orzamento de 2019.

Ames inclúe en este novo plan de subvencións unha nova liña de 60.000 euros dirixida as entidades e clubs deportivos, para actividades de escolas deportivas, fomentando a práctica deportiva entre os máis novos; unha nova axuda de 17.000 euros destinada ao fomento dos servizos de protección civil desenvoltos pola Agrupación de Voluntarios do concello; e increméntase en 5.000 euros, alcanzando a cifra de 74.700 euros, a subvención en materia de promoción económica. O Plan estratéxico 2019, coas modificacións feitas, ascende a 737.704,55 euros.

O 29 de maio de 2017 a Corporación municipal aprobaba o Plan estratéxico de subvencións do Concello de Ames para os exercicios 2017, 2018 e 2019. Posteriormente, o 28 de decembro de 2017 o Pleno aprobou unha primeira modificación na que se introduciu a liña de axudas para a promoción de medidas preventivas mediante a plantación de frondosas caducifolias na rede de franxas secundarias de xestión de biomasa. Ademais, o 26 de xullo de 2018 a Corporación aprobou a segunda modificación do Plan, na que se introduciron e modificaron as liña de axudas derivadas da aprobación definitiva do Orzamento de 2018.

Agora, houbo que facer unha terceira modificación de dito Plan co obxectivo de incluír as novas liñas de axudas, xa mencionadas, que se recollen no Orzamento de 2019.  Por outra banda, mantívose o importe de tres liñas de axudas: seguen destinándose 82.174 euros á subvención en material de promoción cultural e normalización lingüística; 28.500 euros á axuda en materia de educación; e 18.000 euros ás subvencións en materia de medio ambiente. Por último, na área de servizos sociais e promoción social destínase un crédito para subvencións de 341.830,55 euros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies