займ срочно

Ponte Maceira na procura da declaración BIC

0

Negreira / Ames, 26 de maio do 2020 – A Dirección Xeral de Patrimonio iniciou, cunha resolución o pasado 14 de maio, o procedemento para declarar Ben de Interese Cultural, BIC, a Ponte Maceira sobre o río Tambre.

O organismo dependente da Consellería de Cultura e Turismo incluirá a Ponte Maceira na categoría monumento e nivel de protección integral. Desde hoxe martes ábrese un prazo de un mes para que o expediente sexa consultado e, se fora o caso, se presenten alegacións.

Protección para o cnxunto de Ponte Maceira

Ponte Maceira na procura da declaración BICA resolución de Patrimonio recolle que se catalogue o conxunto de bens inmobles recollidos do seu conxunto monumental e se aplique de forma inmediata e provisoria, o réxime de protección que establece a Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia, para os inmobles referidos en correspondencia coa clasificación e niveis de protección propostos.

O expediente deberá resolverse no prazo máximo de vinte e catro meses (24) desde a data desta resolución, ou producirase a súa caducidade e o remate do réxime provisorio establecidos.

Antecedentes

Ponte Maceira na procura da declaración BICA solicitude de BIC para a Ponte Maceira fora formulada polos Concellos de Negreira e Ames con data do 16 de novembro de 2017. Nun informe elaborado polo arquitecto municipal Alfredo Varela e mailo técnico Iván Cernadas, describen a ponte e o conxunto da súa contorna.

A ponte é de feitura medieval refeita durante o século XVIII, sendo esencial nas rutas de comunicación entre Santiago e as terras occidentais. Algúns autores describen unha orixe romana da ponte , que, en calquera caso, é un punto central de acontecementos de relevancia histórica, como as loitas entre o poder eclesiástico dos Fonseca e os Condes de Traba, xa que neste lugar linaban as fronteiras dos seus territorios.

Patrimonio pon de manifesto, tamén, que a fábrica e dimensións destacan no ámbito das pontes medievais de Galicia, tanto pola súa lonxitude como polo equilibrio das súas formas, cun amplo arco apuntado central e dous arcos de medio punto a cada lado. Así mesmo, o lugar de A Pontemaceira, a cada un dos lados da ponte, mantén unhas condicións de conservación e de variedade de construcións de residencias e adxectivas tradicionais, con catro muíños, catro pombais e máis de vinte hórreos tradicionais en bo estado de conservación.

Ponte Maceira na procura da declaración BICA Pontemaceira é na actualidade, un fito singular da paisaxe de Galicia, que centraliza todo un conxunto de valor cultural e que é o paso dunha vía histórica e do propio territorio do Camiño de Santiago, que posúe un amplo recoñecemento social polos seus valores culturais.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies