Liorta en Ames por conta do programa Xantar na casa

0

Ames, 7 de xaneiro do 2019 – O Partido Popular ven de denunciar que o goberno de Ames non foi capaz de implementar o programa social Xantar na Casa perdendo os aportes da Xunta para o presente ano.

A denuncia nace a raíz do debate no último pleno sobre as subvencións as entidades locais dadas pola Xunta de Galicia. O PP explica que mentres se critica o sistema autonómico pérdense programas sociais como Xantar na Casa que tiña o convenio xa firmado. Dito convenio foi aprobado en pleno en abril e firmado en xuño co Consorcio de Servizos Sociais da Xunta de Galicia.

O conselleiro, José Manuel Rey Varela e o alcalde de Ames, José Miñones, asinando o convenio

O programa, impulsado desde a Consellería de Política Social está implementado en máis de 150 concellos.  Ten como obxectivo facilitar a permanencia nos seus propios domicilios das persoas maiores con algún tipo de dependencia. Mediante este programa ponse a disposición destas persoas os menús preparados para toda a semana que precisan, ampliándose o servizo de axuda domiciliaria e garantindo o control dietético apropiado ás necesidades e ao estado nutricional das persoas maiores usuarias. O programa está financiado nun 50% pola Xunta de Galicia, o 25% polo Concello de Ames, e o resto de aportación corresponde ao propio usuario.

Os Populares lembran que a concelleira Luísa Feijóo o anunciara como un complemento do Servizo de axuda no fogar pero non chegou a poñerse en marcha polo que se perderon os fondos do 2018. Tamén critican que desde xuño ata decembro non se fora capaz de publicar un regulamento necesario para o funcionamento do servizo e aseguran que a día de hoxe so hai unha persoa dada de alta pero que aínda non o recibe.

Que di o concello

Desde a concellería de Asuntos Sociais a responsable, Luísa Feijóo, explica que o regulamento non é preciso xa que o mesmo texto do convenio serve para regulalo como sucede en moitos concellos. Pese a iso decidiuse implementar un regulamento “para unha maior transparencia eun mellor acceso o servizo”. Dita normativa leva en exposición pública desde o día 5 de decembro rematando este luns dita exposición. 

Desde a concellería tamén se explica que “paralelamente a elaboración de dito regulamento trasladóuselle a información a todos os usuarios/as do Servizo de Axuda no Fogar (77) para que aqueles que quixeran se poidesen adherir o programa  , e así poder pasar a unha segunda fase de solicitude para aqueles veciños e veciñas que sin ser usuarios de SAF e que reunan  os requisitos poidan acceder ao mesmo”.

Desde o día 13 de decembro hai unha solicitude recibida que, según a concelleira, xa está recibindo o servizo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial