Melloras na área deportiva de Bertamiráns en Ames

0

Ames, 31 de xaneiro do 2020 – O concello de Ames ven de asinar o contrato de mellora da área deportiva de Bertamiráns incluído no POS + 2019 da Deputación da Coruña.

Os traballos en Bertamiráns permitirán a construción dunha nova pista de pádel e unha pista polideportiva exterior. O proxecto contempla tamén a reforma dos vestiarios do pavillón polideportivo. En total o investimento supera os 144.000 euros.

Melloras na área deportiva de Bertamiráns, Ames

Sinatura do contrato

Na área deportiva de Bertamiráns vaise actuar principalmente na pista de tenis, que está ao carón do pavillón polideportivo, da piscina descuberta e do campo de fútbol. Deste xeito, vanse a tirar os muros existentes e mailas gradas desta pista de tenis que pasará a ser un espazo aberto no que se construirán as novas pistas. A de pádel disporá dun peche perimetral executado con piares de aceiro laminado de catro metros de altura e catro torres de iluminación, mentres que a pista polideportiva disporá dunha grada prefabricada e catro puntos de luz.

Ademais, contémplase a construción de dous vestiarios, un para homes e outro para mulleres, no interior do pavillón municipal. O acceso realízase desde o vestíbulo que une o exterior do pavillón, zona da piscina coa pista interior, de forma que poidan acceder os usuarios da piscina, do anexo do pavillón e do propio pavillón. Os vestiarios teñen unha zona de bancos e ao fondo unha zona de duchas colectivas. Tamén se ten previsto acondicionar o espazo que actualmente se utiliza como almacén dos socorristas.

Estes proxectos únese ao proxecto, xa executado, de ampliación do pavillón de Bertamiráns, que conta cun anexo dotado cunha nova sala de ximnasio e unha pista de squash cuberta. Ademais, debido a falta de espazos deportivos, o goberno municipal ten previsto nos próximos anos ampliar o pavillón cunha nova pista polideportiva cuberta. Para este proxecto estase buscando financiamento.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial