займ срочно

Ames Novo denuncia a non condena da violencia do goberno

0

[columns]
[column size=”2/3″]Ames Novo denuncia a negativa do goberno de ames a condenar a violencia despois dos actos ocurridos nun espazo público municipal.[/column]
[column size=”1/3″]Fonte: Ames Novo[/column]
[/columns]

Ames, 16 de novembro do 2016 – O Grupo Municipal Iniciativa Cidadá- Ames Novo, presentoulle a goberno de Ames un breve texto de condena da violencia que este rexeitou.

A portavoz de Ames Novo, Pilar Candocia afirma que no video que se emitiu  na redes sociais e en canles nacionais e estatais queda meridianamente claro que se está usando a violencia política, e si certo é que as decisións e resolución do que alí aconteceu so compete ás persoas e á forza política implicada, non  é menos certo que ese acto de violencia se produciu nun local municipal polo que é razonable que o goberno que autorizou o uso dunha instalación pública condene con claridade o uso da violencia en calquera das súas manifestacións.

O texto proposto por Ames Novo  non cita persoas nen organizacións é só un rexeitamento contundente da violencia política. Henrique Costas, Coordenador de Ames Novo, manifesta que Ames é un concello que se caracteriza por ter unha convivencia pacífica e a súa cidadanía merece que o goberno de Ames rexeite calquera tipo de violencia.

Texto proposto por Ames Novo

O G.M. Iniciativa Cidadá- Ames Novo esixímolle ao goberno do Concello de Ames que realice unha declaración de condena de todo tipo de actos violentos, como resposta aos actos  acontecidos hai unhas semanas nun local municipal e que saltaron aos medios de comunicación. Consideramos que unha declaración deste tipo é necesaria, e se ben aceptamos outra redacción alternativa, sempre que quede clara a condena da violencia, propomos o seguinte texto de condena.

PROPOSTA DE CONDENA DE TODO TIPO DE VIOLENCIA

Ames é un concello plural onde convivimos xente chegada de moitos puntos do planeta. É un concello no que a convivencia pacífica é o habitual.
Non obstante nos últimos días vimos nos medios de comunicación o uso do insulto e a ameaza nun espazo público municipal.
O goberno de Ames condena este tipo de actitudes e chama a cidadanía para que non permita que nada así volva a acontecer. Seguros de que o diálogo é a única posibilidade para gañar un debate e de que as formas importan e poden facernos perder a razón.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies