займ срочно

Ames Novo e Tripartito asinan un acordo para a aprobación do orzamento municipal

0

Ames,18 de marzo do 2017 – Unha vez rematado o prazo para a presentación das alegacións dos grupos municipais, o goberno municipal, representado polo alcalde, e o grupo municipal de Ames Novo, a través da súa voceira Pilar Candocia, subscribiron o documento de acordo político que recolle os pactos acadados para a aprobación do orzamento do 2017.

Coa sinatura deste documento conclúese o proceso iniciado o 16 de xaneiro no que participaron por parte do goberno os voceiros dos grupos que o integran: Blas García (PSdG), Genma Otero (Contigo Pódese) e David Santomil (BNG), mentres que por parte de Ames Novo interviron a voceira Pilar Candocia e o concelleiro Quique Costas.

No documento recóllense  as partidas que, froito da negociación, ambas partes conviron en incluír nas contas que se levarán a aprobación plenaria a principios do próximo mes. En concreto, a creación dunha renda municipal de garantía para as persoas en situacións de exclusión ou risco social e un sistema de axudas para eses colectivos; a contratación dunha asistencia técnica para a elaboración dun sistema de orzamentos participativos a aplicar ao longo deste mandato; a asignación dunha cantidade destinada á elaboración dos estudos económicos imprescindibles para poñer en marcha o rescate da xestión municipal do Ciclo Integral da Auga; e a inclusión en diferentes partidas doutras necesidades trasladadas ao goberno e ao grupo de Ames Novo polo tecido asociativo e os movementos sociais, sistema de subvencións á actividade das asociacións, e accesibilidade, así como as partidas comprometidas no acordo asinado entre o goberno e a Federación de AA.VV. do rural asinado o 24 de febreiro de 2017.

Ademais, as dúas partes conveñen dentro deste acordo o compromiso de consensuar as Bases de Execución Orzamentaria, e a creación dunha comisión mixta para o seguimento da execución das contas municipais. Comprométense, tamén, a poñer en marcha unha comisión técnica integrada por ambas partes, coa participación de técnicos de Servizos Sociais, para a elaboración da ordenanza de Renda Municipal de Garantía Básica e Rescate Social, que debe entrar en vigor non máis tarde do mes de setembro próximo. O acordo inclúe, por último, o compromiso de iniciar canto antes os traballos de elaboración do orzamento para 2018, no que as partidas destinadas á Renda Municipal e cumprimento dos acordos co rural deben estar garantidas coa reserva de creto suficiente a ese fin, e que deberá ter elaborado o proxecto de orzamento a tempo para posibilitar que este se aprobe non máis tarde de febreiro de 2018.

Por parte de Ames Novo adquírese o compromiso de garantir co seu voto a aprobación do orzamento no Pleno. “Trátase dun exercicio de responsabilidade política”, afirma a voceira de Ames Novo, Pilar Candocia. “A situación que se derivaría de manter a prórroga dos orzamentos de 2012 como viu sucedendo ata agora sería inasumible e significaría prolongar a inactividade e carencia de investimentos imprescindibles que xa estivemos padecendo durante demasiado tempo”. “Pola contra, o orzamento que se somete a aprobación contén desde o noso punto de vista elementos significativos de avance social e para o rescate dos servizos públicos, así como partidas que contribuirán a corrixir algunhas das inxustizas que no equilibro territorial presenta o noso concello. Cremos que, sen ser os orzamentos que nós presentaríamos de estar no goberno, o resultado da negociación é globalmente positivo”, engadiu.

O alcalde José Miñones destaca que “coa aprobación destes orzamentos damos un paso cara adiante moi importante porque podemos traballar cunhas contas propias e poñer en marcha programas e proxectos progresistas”, asemade agradece “a capacidade de diálogo das partes e o traballo realizado no proceso de negociación, en especial o da Concelleira de Economía e Facenda na elaboración dos orzamentos, así como da interventora municipal e o departamento”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies