Ames adxudica a ampliación do saneamento en Castelo

0

Ames, 7 de xullo do 2020 – A Xunta de Goberno Local de Ames vén de aprobar a adxudicación da obra de ampliación da rede de saneamento no lugar de Castelo por un importe de máis de 27.000 euros.

A ampliación do saneamento en Castelo esta vinculada ao Ciclo Integral da Auga de Ames. O proxecto recolle a ampliación para unha serie de vivendas que se atopan na marxe esquerda da estrada que vai de Castelo cara Proupín. Deste xeito, vaise conectar pola parte traseira de ditas casas, mediante un sistema de impulso por bombeo, á rede xa existente.

Instalaranse 3 pozos de rexistro en calzada e 3 arquetas de saneamento. Esta rede conducirase a un pozo de bombeo que disporá dun conxunto de dúas bombas iguais, unha delas de reserva, sendo cada unha delas una electrobomba somerxible, con impulsor monocanal, para achique de augas fecais con corpos en suspensión ou filamentosos, construída en aceiro inoxidable, cunha potencia de 0,75 kW.

Debido a escasa pendente da rede procederase ao formigonado da base. Ademais será necesario o reforzo da tubería con formigón e recrecido do camiño con zahorra na zona na que se instalará unha das arquetas. Dende o pozo de bombeo conducirase ata a rede municipal xa existente mediante unha tubería de impulsión. Posteriormente a instalación da tubería, procederase ao recheo e compactación do foxo. Unha vez instaladas as redes procederase a reposición dos pavimentos nas zonas necesarias.

A duración inicial do contrato será de 6 meses, a partir do día seguinte ao da sinatura da acta de comprobación do replanteo, salvo que exista reserva fundada que impida o seu comezo. O contrato só será prorrogado concorrendo as circunstancias e requisitos esixidos pola lexislación vixente.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial