Ames adxudica melloras en Biduido de Abaixo

0

Ames, 21 de xullo do 2020 – A Xunta de Goberno Local de Ames aprobou a adxudicación das obras de mellora dun viario interior no lugar de Biduído de Abaixo por un importe de 49.343 euros.

Ames acomete a obra con cargo ao superavit 2018. En novembro de 2019 a Corporación municipal aprobou por unanimidade un suplemento de créditos, por un importe de 131.465 euros, para sufragar a mellora de este viario interior en Biduído de Abaixo, a pavimentación de varias rúas do Milladoiro (rúas Pardiñeiros, Cruxa, Agro do Medio e rúa de Abaixo) e maila mellora do parque infantil da Condomiña.

As obras executaranse nunha superficie de 1.070 metros cadrados con cinco centímetros de zahorra de 185 centímetros de pavimento de formigón, previa demolición do pavimento existente.

Ames adxudica melloras en Biduido de AbaixoPreténdese realizar tamén a canalización de 160 metros de tubaxe de PVC de 400 milímetros de diámetro coas súas correspondentes arquetas con sumidoiro e pozos para a recollida das augas pluviais, previa escavación en zanxa. Ademais se contempla a execución dun total de 28 metros de caz de formigón con reixa e a adaptación dos pozos e arquetas existentes á nova rasante.

O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, explica que “con esta obra pretendemos arranxar un problema que se viña orixinando todos os anos debido á non existencia de canalización de pluviais, e que ocasionaba que o camiño fose intransitable, así como que se anegara unha propiedade privada”. Remata dicindo que “con este tipo de actuacións continuamos poñendo en valor o noso rural e atendendo as necesidades existentes, e, neste caso asumindo as obras con fondo propios”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial