займ срочно

Ames contratará un crédito para financiar o plan Impulsa Ames

0

Ames, 30 de outubro do 2019 – A Xunta de Goberno Local de Ames ven de aprobar o expediente de licitación, para a contratación dunha operación de préstamo, por importe de 312.127 euros, para o financiamento de actuacións incluídas dentro do Plan Impulsa Ames, da EDUSI.

O plan Impulsa Ames ten un custe total de 1.248.509,12 euros, dos cales o Concello sufraga 312.127,29 euros, e o importe restante, 936.381,87 euros, son sufragados con cargos aos fondos FEDER que lle foron concedidos ao Concello. Estes proxectos recollen actuacións urbanísticas, de mellora do alumeado público, asistencia social, sociedade da información e patrimonio municipal. 

Estratexia DUSI

O goberno municipal avanza na tramitación dos proxectos incluídos no Plan Impulsa Ames da Estratexia DUSI. este Plan conta con 5 millóns de euros de fondos FEDER. Ademais, o Concello ten que achegar 1.250.000 euros, que representa o 20% do total. A estratexia comezou a desenvolverse no 2018 e continuará ata o 2023.

Os cartos irán destinados a 12 actuacións recollidas no Plan Impulsa Ames da EDUSI. De xeito detallado, as actuacións que se pretenden desenvolver con dito financiamento, dentro do ámbito urbanístico, son a eliminación de barreiras (obras de mellora da accesibilidade) e mailo concurso de proxectos para executar a améndoa central de Bertamiráns.

Dentro do ámbito de mellora do alumeado público contémplase a instalación de sensores lumínicos en distintos tramos do alumeado público, xestionando a intensidade lumínica; e a instalación de alumeado no sendeiro do CEIP Agro Muíño. No apartado de asistencia social está prevista a construción, con criterios de eficiencia enerxética, dun centro multidisciplinar para a mocidade no Milladoiro.

Sociedade da información

Ademais, dentro do ámbito da sociedade da información está recollido a implantación de procedementos da administración electrónica; a instalación de equipamento de módem Wifi e de ordenadores cos periféricos necesarios a todos os equipamentos públicos existentes no municipio; un sistema de cartelería dixital; a posta en marcha da tarxeta cidadá; a instalación de dispositivos de sensorización presencial en farolas, en equipamentos socioculturais, deportivos e noutras instalacións municipal; e a posta en marcha dun sistema municipal de Apps para móbil que se centrará en tres ámbitos: turismo, comercio local e transporte municipal.

Por último, dentro do ámbito de mellora do patrimonio municipal, contémplase a instalación dun sistema térmico para os edificios municipais.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies