A I Carreira da Familia de Ames será o día 9 despois do aprazamento de xullo

0

Ames, 25 de agosto do 2017 –  A I Carreira da Familia que tivo que ser suspendida por mor do mal tempo no mes de xullo celebrarase finalmente o próximo día 9.

Imaxe da presentación do pasado mes de xullo

Imaxe da presentación do pasado mes de xullo

Esta vez a I Carreira da Famiiia será en horario de tarde, a partir das 17 horas e no mesmo sitio que estaba previsto para xullo, a travesía do Porto.

A actividade central da I Carreira da Familia será unha carreira “simbólica” de apenas tres quilómetros a través das rúas do Milladoiro. Alén diso, ao longo da tarde tamén haberá unha festa con DJ, inchables, animación, obradoiros, premios e un sorteo. Así, a I Carreira da Familia comezará ás 17:00 horas coa entrega de dorsais e unha bolsa regalo na carpa da organización. Posteriormente, comezarán as actividades cunha sesión de música, animación e baile, seguida dunha sesión de quecemento grupal previa á Carreira da Familia. Após a carreira, terán lugar máis actividades lúdicas que incluirán inchables e diferente xogos. A xornada rematará cun sorteo de agasallos e a entrega de premios.

A participación será individual ou e en familia e, para as gañadoras e gañadores, haberá diferentes premios (por orde de chegada á meta): á familia máis numerosa, á avoa ou avó de máis idade, á primeira ou primeiro en chegar á meta individualmente, á primeira familia de dous integrantes, á primeira de tres, á primeira de catro e á primeira de cinco (cuxos membros deberán chegar todos ao mesmo tempo nestes casos).

As persoas interesadas en participar desta I Carreira da Familia poden inscribirse, ata o vindeiro 6 de setembro ás 23.59h, a través da páxina web www.emesports.es. O prezo da inscrición é de 5€ por participante adulto e de 2€ por participante menor de 18 anos. O diñeiro recadado será doado á Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia (Asanog). Ademais, na propia páxina de emesports tamén existe a opción “Dorsal O”, destinado a aquelas persoas que queiran colaborar ou doar diñeiro á asociación, sen ter que participar da carreira. sociación para poder colaborar e doar o que cada persoa ou familia desexe.

A Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia

A asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia (ASANOG) é unha asociación sen ánimo de lucro que desde o ano 2012 contribúe a mellorar o estado das nenas e nenos oncolóxicos, e máis das súas familias, en Galicia. As súas iniciativas inclúen a organización de diferentes actividades, así como a elaboración de calendarios e mesmo de coleccións de xoias para recadar fondos.

Durante a presentación da I Carreira da Familia, a vicepresidenta da ASANOG quixo agradecer ao Concello a organización deste evento solidario: “Quero expresar en nome da Asociación o noso enorme agradecemento por este iniciativa e pola implicación do Concello. Agradecemos moito estas iniciativas pensadas como un evento familiar, porque nós tamén somos familias e nos chegan especialmente este tipo de eventos solidarios pensados para todas e todos”.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial