займ срочно

Ames organiza o II Torneo de Nadal de fútbol sala 3×3

0

Ames, 26 de decembro do 2018 – O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, organiza durante o sábado 29 de decembro, a partir das 10.00 horas, o segundo Torneo de Nadal de fútbol sala 3×3 Concello de Ames.

O Torneo de Nadal de fútbol sala 3×3 desenvolverase no pavillón municipal do Milladoiro. Ao mesmo tempo organizaranse outras actividades deportivas durante decembro e xaneiro como son o II Torneo de Nadal de baloncesto e mailo II Torneo de Nadal de fútbol.

No torneo 3×3 haberá dúas categorías: absoluta (para homes de máis de 16 anos) e feminina (para mulleres de máis de 14 anos). Para tramitar as inscricións ou obter máis información pódese chamar aos números de teléfono 619 842 504 – 981 535 940. Tamén se pode enviar un correo electrónico ao enderezo deportes@concellodeames.gal. Haberá que entregar a ficha de inscrición cuberta e mailo resgardo de pagamento. As inscricións para participar permanecerán abertas ata o xoves, 27 de decembro, ás 14:00 horas.

Por outra banda, o II Torneo Nadal de Baloncesto Concello de Ames celébrase hoxe mércores 26 e mañá xoves 27 de decembro, nos pavillóns polideportivos municipais. Haberá competición nas categorías preminibásquet (2009-2010), minibásquet (2007-2008) e infantil (2005-2006).

Xa en xaneiro, os días 2 e o 3 dese mes, terá lugar o II Torneo Nadal de Fútbol Concello de Ames, o cal se desenvolverá nos campos de fútbol do concello. Para inscribirse hai que enviar un correo electrónico ao enderezo deportes@concellodeames.gal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies